O PSdeG-PSOE de Cerdido lamenta, en palabras do seu voceirolocal Brais Prieto, “a insuficiente programación cultural e deportiva durante o verán no municipio”.
Durante o último pleno ordinario, os socialistas incidiron en que “non se levou a cabo ningunha obra de teatro durante o verán”. “Ademais, leváronse a cabo 3 actuacións musicais nun mesmo día con 4.000€ da rede cultural da Deputación, perdendo a oportunidade de ofrecer aos veciños máis variedadecultural en todas as parroquias”, expoñen.
Brais Prieto destaca que “o ano pasado había semanalmente actividades culturais durante o periodo estival, superando as 10 actuacións en todo o verán, contratadas e programadas polo anterior goberno local socialista”. Insisten tamén o socialista na “nula programación deportiva durante o que vaide verán”
Dende o PSdeG propuxeron tamén no pleno o arranxo de varias pistas municipais, así como a limpeza e desinfección do interior dos contenedores e o lavado das beirarrúas, para o coidado da imaxedos lugares públicos. “Continuamos a aportar ideas dentro da oposición construtiva que estamos a facer” conclúe Brais Prieto.