PP de Lugo: “Falta de gañas de traballar de PSOE e BNG para poñer en funcionamento Augas Mestas”

por 21 Noticias

Antonio Ameijide e Luis Fernández visitaron as instalacións deste complexo turístico, no Concello de Quiroga, e comprobaron como socialistas e nacionalistas «o abandonaron a súa sorte» a pesar de que podería ser «un referente turístico» da Ribeira Sacra: «non son capaces nin de manter o que herdaron».

Esta área turística foi un proxecto pioneiro construído no ano 1996 pola Deputación de Lugo, cun goberno do Partido Popular a fronte, pero dende que chegaron ao goberno provincial PSOE e BNG «pasaron a chave e nunca máis volveu a abrir» un abandono que provocou saqueos e actos vandálicos nestas instalacións

·         Amejide ve en Augas Mestas o exemplo perfecto da política turística de PSOE e BNG: «Por desgraza nunca se preocuparon polo turismo e abandonaron este complexo, a pesar de ser unhas instalacións punteiras xa rematadas e que eran a envexa doutras administracións polo incrible entorno natural na que se atopan e as instalacións das que dispón moi avanzadas á súa época de construción»

·         Os populares denuncian a «nula preocupación» polo turismo de socialistas e nacionalistas que, ademais do abandono de Augas Mestas, se ve reflectido en que en plena campaña de verán moitas das estradas que dan acceso ás praias da Mariña, acceso á montaña ou aos miradoiros da Ribeira Sacra están sen desbrozar

·         No Grupo Popular recordan que no ano 2020 o goberno provincial deixou claro o seu nulo interese na posta en marcha deste complexo. Durante o debate dunha iniciativa presentada polo PP no pleno de xuño o goberno provincial afirmou que se abriría Augas Mestas «canto antes mellor», pero catro anos despois nada fixeron pola súa apertura

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario