Guido Guía inicia «Viaxando por Lugo», actividades en colaboración con outras iniciativas da cidade e da provincia

por 21 Noticias

Máis de 5 anos despois do nacemento do proxecto Guido Guía, o turismólogo e guía turístico lucense comeza este curso unha nova variante: a colaboración continuada con outras iniciativas da cidade e da provincia.

Aínda que leva 9 anos traballando como guía oficial de turismo de Galicia, foi en agosto do 2019 cando Guido Álvarez decidiu iniciar un proxecto profesional independente. Naquel verán, de hai xa un lustro, naceu o proxecto Guido Guía.

Neste tempo 2019-2024 esta iniciativa caracterizouse pola moi variada proposta de actividades para descubrir Lugo, a provincia, Galicia, e incluso lugares de fóra con actividades propias ou en colaboración con institucións, axencias, colexios, institutos ou particulares. Agora chega a novidade: a colaboración continuada con outras empresas ou establecementos cos que tecer rede e xerar sinerxías multiplicadoras.
Se ben houbo experiencias puntuais nestes anos, este 2024 foron xurdindo propostas de colaboración de distintos emprendementos e marcas que foron animando a abrirse a esta nova liña de traballo.

As últimas foron con 7 bares, restaurantes e aloxamentos do barrio da Milagrosa, e cun spa do barrio de Garabolos, a vindeira será este domingo 15 de setembro coa cafetería arxentina «La Romería», no barrio da Residencia, e en camiño veñan moitas máis. De momento, cita no Parque Rosalía o 15/09 para un paseo guiado de 3 horas por Lugo, seguido dunha merenda na citada Romería. Inscricións -de balde- no correo guidoguiaturismo@gmail.com

a

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario