A Laracha destinará o POS+ ao financiamento de gasto corriente e obras de mellora viaria en Lestón

por Redacción A Coruña

Os festivos locais de 2025 serán o Martes de Entroido e o día da Romaría dos Milagres de Caión

O Pleno extraordinario do Concello da Laracha aprobou por unanimidade dos tres grupos municipais as dúas cuestións que se elevaron á sesión a proposta do Goberno Local.

A máis destacada consistiu no destino dos fondos procedentes da segunda fase do “Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal “POS+ Adicional 2/2024” da Deputación da Coruña. Ao Concello da Laracha correspóndelle unha asignación de 408.959,83 euros. Desa cantidade, 323.419,45 terán por finalidade o financiamento de gasto corrente e os 85.540,38 euros restantes, máis unha achega municipal de 5.108,58 euros, irán a investimentos novos financeiramente sostibles consistentes en dous proxectos de mellora da rede viaria na parroquia de Lestón. Un deles localízase no núcleo urbano de Paiosaco, centrado na renovación da capa de rodadura nas rúas dos Oleiros e Campo da Feira, contemplando tamén no espazo afectado polas obras o remarcado da sinalización horizontal, as prazas de estacionamento de vehículos e os postos da feira. O outro proxecto afectará ao núcleo de O Cruceiro de Lestón, tamén incluíndo a mellora da superficie da vía e a sinalización horizontal.

A unanimidade repetiuse para fixar os festivos locais do ano 2025. Como é tradición no Concello da Laracha, serán o Martes de Entroido (4 de marzo) e o día da Romaría dos Milagres de Caión (8 de setembro).

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario