A Policía Autonómica comisa máis de 28 quilos de ameixa en Ferrol

por Redacción Galicia

Axentes do Equipo de Resposta Policial (ERPOL)  da Policía Autonómica comisaron máis de 28 quilos de ameixa e diverso material usado para o furtivismo, no marco dun operativo desenvolvido o 18 de setembro na zona de Ferrol en colaboración co servizo de Gardacostas de Galicia.

Como resultado, tramitáronse sete actas de sanción pola Lei de Pesca de Galicia.

O operativo enmárcase no reforzo realizado pola Policía Autonómica, en colaboración coa Consellería do Mar, no eido da loita contra o furtivismo e na protección dos recursos mariños afectados por esta actividade ilegal. O traballo céntrase en dispositivos dirixidos a impedir a actuación dos furtivos, tanto na actividade extractiva como na venda, transporte e distribución do produto, sen as debidas garantías sanitarias.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario