Iago Toba, alcalde de Muxia, reta a PP, IxM e BNG a que fagan publico os detalles do acordo para impulsar a moción de censura

por 21 Noticias

Iago Toba, alcalde socialista de Muxía, reta ás tres forzas políticas que impulsan a moción de censura no concello “a que fagan públicos de forma inmediata, hoxe mesmo, os detalles do acordo ao que chegaron”.

“Falan de transparencia pero está claro que teñen moito que agochar, os veciños e veciñas de Muxía merecen saber como será o goberno que sairá da moción, quen levará cada área ou como repartirán as dedicacións”, engade Toba.

“Se non fan público o acordo, está claro que queren evitar a reacción da rúa, saben que a veciñanza non acepta a moción”, sostén o alcalde.

“Estará o BNG no goberno? Que levará o PP? Haberá un grupo de goberno en mans de dous concelleiros indepedendentes? Demasiadas preguntas sen contestar, un engano a todo o Concello de Muxía”, lamenta Toba.

“Esta forma de actuar reflicte que teñen cousas que agochar que poden poñer en risco a viabilidade da operación, intereses escuros que queren manter en segredo”, remata.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario