Redrum Teatro ultima os ensaios do seu novo espectáculo “Os contos do Lobicán”

por Redacción Galicia

Trátase dun espectáculo de monicreques para público infantil cun texto de Eva Mejuto, gañador do XV Premio Barriga Verde

A través dunha colaboración co Concello de Teo, a compañía Redrum Teatro ensaia no Auditorio Municipal do Concello o seu novo espectáculo para público infantil.

“Os contos lo Lobicán” cun texto de Eva Mejuto que resultou gañador do XV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, estrearase no Auditorio Constante Liste de Teo o próximo sábado 19 de outubro. Despois comenzará una gira por outras localidades galegas como Vigo, Bergondo, O Grove ou Cerceda.

Producida co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), “Os contos do Lobicán” é un espectáculo de títeres dirixido a nenas e nenos a partir dos 3 anos que busca darlle unha volta aos contos clásicos ao tempo que transmite valores universais como a amizade, a cooperación, o respecto á naturaleza,  o pensamiento crítico ou a importancia da imaxinación.

A través da riqueza narrativa e os seus entrañables personaxes, o espectáculo invita a nenas e nenos a reflexionar sobre o mundo que os rodea e imaxinar novas posibilidades dun futuro máis inclusivo.

“Lobicán é un animaliño moi curioso que goza explorando o bosque e compartindo momentos coa súa familia. A pesar da súa reticencia cara a escola e o estudio, Lobicán mostra un profundo interese por aprender sobre a natureza e o mundo que o rodea. Mama Lobicana pídelle llevar unha tarta ao seu avó, e mentres Lobicán está no bosque, atópase con Xiana, unha nena que busca o camiño cara a casa da súa tía Silvana. Sen importar as súas diferenzas, Lobicán e Xiana establecerán unha forte amizade que os axudará a superar perigos e desafíos.”

O espectáculo está dirixido por Alex Sampayo e protagonizado por Guillermo Carbajo e Victoria Pérez.

Trátase da décimo oitava produción da compañía galega Redrum Teatro. Desde a súa fundación a compañía levou a escena textos dirixidos a público adulto como “Hamelin”, “Invisibles” ou “O mozo da última fila” e tamén diversos espectáculos familiares como “Moito Conto”, “Roedores”, “Contos do Recreo” ou “A nena que quería navegar”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario