Elena Candia demostra que cunha mellor xestión municipal se evitaría o esforzo extra que se pide aos lucenses coa suba de impostos

por 21 Noticias

Coincidindo co día no que se abre o prazo para presentar alegacións ás ordenanzas fiscais o PP anima á cidadanía a presentar achegas para facer valer os seus dereitos, o prazo remata o 13 de novembro

O PP demostra que cunha mellor xestión municipal se evitaría o esforzo extra que se pide aos lucenses coa suba de impostos

  • O Partido Popular de Lugo informou que hoxe comezou o prazo de 30 días naturais para presentar alegacións ás ordenanzas fiscais aprobadas por PSOE e BNG no pleno do pasado xoves, 26 de setembro, co voto en contra do Grupo do Partido Popular. O prazo para rexistralas remata o 13 de novembro.
  • A voceira do PP, Elena Candia, explicou que, o goberno local malia contar con máis ingresos pola participación nos tributos do Estado (2.512.265,39 €) e ter xestionado 51 millóns de euros de remanentes nos últimos cinco anos, endebedouse e tivo que contratar un préstamo de 13,5 millóns de euros para investimentos.

Dar exemplo antes de cargar os esforzos aos de sempre

  • A alcaldesa xustificou que sube os impostos aos lucenses para dar mellores servizos pero “nin se compromete a xestionar mellor, nin aclara para que pide un esforzo de 4.5M€ aos lucenses, tampouco explica en que van mellorar os servizos”.
  • A popular preguntase “se PSOE e BNG están dispostos a renunciar a gastos superfluos e innecesarios, ou se van marcar outras prioridades e deixar de facer proxectos que non supoñen ningún valor engadido e que acaban converténdose nunha hipoteca para as arcas municipais”.

Voto en contra da suba de catro taxas

  • O Partido Popular votou en contra da suba de catro taxas que afectan directamente á veciñanza: plusvalía, saneamento e abastecemento, sumidoiros e o Imposto de Bens Inmobles (IBI).
  • Elena Candia afirmaba que o goberno local ten mecanismos para incrementar os ingresos municipais sen ter que cargar este esforzo á cidadanía.
  • Rexeitamos á  suba do recibo da auga, xa que entendemos que non se tiña que repercutir a mala xestión do servizo nos petos dos lucenses. A popular explicou que “está demostrado que se restamos a auga que se trata e se verte na rede (9.8Mm3),  coa que se consume e destina a baldeos (5.1 mM m3) nos atopamos con que 4.486.790 m3 de auga  se perde en fugas ou consumos ocultos. A pesar de que esa auga non chega as billas dos domicilios e empresas, a veciñanza paga igual por ela 5.182.242,45 €. Este é un claro exemplo de mala xestión xa que se paga por un servizo que non funciona correctamente
  • Outro exemplo da falta de planificación é sacar diñeiro de servizos esenciais como o de abastecemento, que é moi deficiente, para destinalos a festas. (Adxúntase decreto no que o goberno local fixo aprobou unha unha modificación de crédito para RETIRAR  17.950 € deste servizo para cubrir gastos de videovixilancia durante o San Froilán).
  • A popular tamén xustifica o seu voto en contra á suba da plusvalía que cualificou de inxusto e gravoso e que prexudica aos pequenos aforradores e propietarios.
  • Con respecto ao Imposto de Bens Inmobles lembrou que  Lugo ten o segundo IBI máis caro de Galicia logo de Vigo e esixiu “claridade respecto ao posible cambio no tipo de gravame do IBI para as fincas en áreas de expansión. “Estamos falando de  terreos, que ata agora pagaban o IBI Rústico, e que poderían pasar a pagar o IBI Urbano, o que suporía unha suba significativa para os propietarios de máis de 15.000 metros cadrados de propiedades nas parroquias de Lugo.
  • Este cambio de situación das fincas  vén motivada pola normativa que xustifica que o que os solos rústicos que están no PXOM en áreas de expansión pasarán a ser urbanos. (Artículo 7, 2 b sobre Bienes inmuebles urbanos y rústicos del Real Decreto Legislativo 12004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Catastro Inmobiliario)

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario