O Campus Industrial de Ferrol conmemora mañá o Día Internacional da Polodoxía cunhas xornadas sobre as dermatopatías do pé

por Redacción A Coruña

A Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña e o Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA) organizan unhas xornadas formativas nas que participarán preto de 200 estudantes do grao en Podoloxía así como numerosos profesionais do sector

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas; a presidenta do Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA), Ana Requeijo Constenla; o tenente alcalde do Concello de Ferrol, Javier Díaz Mosquera; a xerente da Área Sanitaria de Ferrol, María Fernanda López Crecente; e o decano da Facultade de Enfermaría e Podoloxía da Universidade da Coruña, Pedro Gil Manso, inauguran mañá, martes 8 de outubro, ás 10:30 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, as xornadas “Dermatopatías que Afectan ao Pé” que organiza da Facultade de Enfermaría e Podoloxía xunto co COPOGA para conmemorar o Día Internacional da Podoloxía. 

O programa das xornadas “Dermatopatías que Afectan ao Pé” inclúe a conferencia do profesor da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Benigno Monteagudo Sánchez, quen falará sobre os tumores cutáneos no pé. A tamén docente no Campus Industrial de Ferrol, Julia María Janeiro Arocas, afondará no aspecto visible das uñas como espello da nosa saúde e a presidenta do Colexio de Podólogos de Galicia, Ana Requeijo Constenla, disertará sobre a diagnose diferencial dermatolóxica no día a día dunha consulta. Por último, o podólogo e vogal de COPOGA, Navor Pereira Losada, ofrecerá unha ponencia titulada “Cando as hifas non me deixan ver as árbores, que aprendín nos últimos 20 anos”. 

Entre o público asistente, haberá preto de 200 estudantes do grao en Podoloxía, titulación que se imparte na Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol, así como numerosos profesionais do sector. 

X Outubro Saudable na Universidade da Coruña

As xornadas “Dermatopatías que Afectan ao Pé”, organizadas pola Facultade de Enfermaría e Podoloxía en colaboración co Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA), enmárcase dentro do programa “X Outubro Saudable”, unha iniciativa promovida polo servizo UDC Saudable en colaboración coas distintas facultades, escolas, oficinas e servizos da Universidade da Coruña así como con diversas ONG’s, organismos e/ou institucións. Ao longo de todo este mes de outubro, terán lugar numerosos obradoiros, conferencias e actividades en materia de saúde, nutrición, medio ambiente e economía circular, entre outros temas de interese. No Campus Industrial de Ferrol súmanse a esta iniciativa a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), quen lidera este X Outubro Saudable baixo o lema “Proxectando pola Promoción da Saúde”, a Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), a Facultade de Enfermaría e Podoloxía, a Facultade de Ciencias do Traballo e a Facultade de Humanidades e Documentación. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario