Cousxs que son amor. Por @DulceCorcu

por Dulce Corcu

Cada domingo é sempre especial en Camariñas, un dos lugares da Costa da Morte onde o fútbol se vive máis intensamente, e desde hai pouco tamén, o Feminino, que este domingo no partido inaugural da tempada, recibía a Carlos Barcia, un «Camariñán do Ano» con longa traxectoria musical e agora parte dos músicos que acompañan ás Tanxugueiras. 

utor, xunto con Jaime Busto, da canción «Unha soa voz» que servirá como himno da Escola de Fútbol da súa vila e que dirixe outro ilustre de Camariñas como Juan Cabrejo. Con tal motivo, onte achegabanse ao «Vicente Carril» para facer o saque de honra e ser obsequiados cunhas camisetas do club, ademais tamén da vitoria por un claro 3-0 da Escola Cabrejo que debutaba con un triunfo que todxs os presentes celebraron. Unha mañá espectacular con Camariñas e todo ese talento que alí nace en diferentes ámbitos, como protagonistas.

Fotos: Sefy

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario