Os coros ‘Lugh’, de Lugo, e ‘El Eco’, da Coruña, actúan o vindeiro sábado na delegación territorial da Xunta

por Redacción Lugo

A Delegación Territorial da Xunta acollerá o próximo sábado 12 de outubro o Encontro Musical de Outono, no que actuarán o conxunto vocal Lugh, de Lugo, e a coral polifónica El Eco, da Coruña.

Directivos do coro lucense participaron hoxe na presentación do concerto na sede da Xunta xunto co delegado territorial, Javier Arias. O inicio está previsto para as oito da tarde no salón de actos do edificio. 

A formación Lugh vén de celebrar este ano o seu 25º aniversario. Durante a súa traxectoria teñen ofrecido máis de 200 concertos na provincia de Lugo e no resto de Galicia, así como en diferentes localidades de España e Portugal.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario