Ana Miranda: “Desde o Parlamento Europeo denunciamos o xenocidio en Gaza e reclamamos sancións contra Israel”

por Redacción Internacional

A eurodeputada do BNG acada que vinte representantes dos grupos da Eurocámara Verdes/ALE, The Left e S&D unan as súas voces contra a ocupación de Palestina.

Un total de vinte eurodeputadas eeurodeputados de tres grupos diferentes da Eurocámara secundaron a convocatoria organizada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, para expresar a súa repulsa ao xenocidio en Gaza, contra a intervención no Líbano e contra a ocupación en toda Palestina, e o máis urxente, a axuda humanitaria e o cese ao fogo.

“Fixemos un claro chamamento ao Parlamento Europeo e ás institucións europeas para que emitan sancións contra Israel e, sobre todo, que fagan un chamamento ao cese ao fogo”, resaltou Miranda tras a rolda de prensa, na que se demandou a ruptura do acordo de asociación e as relacións diplomáticas con Israel.

A eurodeputada galega subliñou que “non se pode consentir que un ano despois de empezar o xenocidio sigan tendo esa impunidade que ten Israel e sigan asasinando vítimas e sigan destruíndo hospitais e escolas”. “Facemos este chamamento para que o Parlamento Europeo teña unha voz forte en Europa e non siga sendo cómplice deste xenocidio”, engadiu Miranda.

Accións conxuntas

Ana Miranda sinalou que a convocatoria celebrada hoxe é “a primeira das accións conxuntas que se realizan nesta lexislatura e agardemos que non sexa a última”. A eurodeputada do Bloque puxo en valor que na convocatoria participaron voces de máis de 20 territorios, ao participar 20 deputadas edeputados de tres grupos distintos da Eurocámara, entre as que se atopaba apresidenta da delegación de Palestina. 

Así, tomaron a palabra deputadas e deputados de Greens/EFA, The Left eS&D. En concreto, por parte de Greens/EFA participaron Vicent Marzà; Gordan Bosanac; Leoluca Orlando; Jaume Asens; e Vladimir Prebilič. Por parte de The Left participaron Irene Montero; Pernando Barrena; Rima Hassan; Estrella Galán; Per Clausen; Hanna Gedin; Lynn Boylan; Catarina Martins; João Oliveira; e Kathleen Funchion. Finalmente, de S&D a rolda de prensa contou con Cecilia Strada; Matjaž Nemec; Daniel Attard e Alex Agius.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario