O PP solicita a comparecencia en pleno de Paula Alvarellos e de Rubén Arroxo, para que informen dá situación na Escola Infantil Gregorio Sanz

Visto que pasou o segundo día e que continuan sen resolverse os problemas de persoal na Gardería Municipal Gregorio Sánz froito da mala xestión de recursos humanos por parte do PSOE e do BNG, vimos de solicitar que comparezan en pleno a alcaldesa, Paula Alvarellos, e o tenente de alcalde Rubén Arroxo

O conflito laboral sen resolver está obrigando aos pequenos e pequenas de 34 familias lucenses a pasar un segundo período de adaptación

PSOE e o BNG

  • Non dan a cara
  • Non explican ata cando se vai a alongar esta situación
  • Non poñen riba da mesa medidas para solucionar esta situación

Desde o GMPP pedimos información e transparencia, e que de maneira urxente se establezan medidas para restablecer o servizo da Escola Infantil Gregorio Sanz.

Comparte éste artículo
No hay comentarios