Elena Candia: «A información ofrecida por Alvarellos, xunto coa falta dun expediente en Patrimonio da Comisaría da Policía  confirma que a parcela non é a idónea para esta dotación»

por 21 Noticias

Elena Candia amosa a súa preocupación polas últimas informacións que trasladou a alcaldesa de Lugo sobre as parcelas que vai ceder o concello para facer a nova comisaría da policía nacional no barrio de Abella.

Das súas últimas declaracións, sen documentos que a respalden, podemos afirmar que o espazo que propón a alcaldesa non é o idóneo xa que é practicamente idéntico ao do edificio de obras públicas da Ronda, que o Ministerio rexeitou porque non cumpría cos requisitos indicando que resultaba insuficiente o espazo

Agora presenta como novidade incorporar unha pequena parcela de 80m2 á finca principal de 2.111m2, pero a edificabilidade segue a ser insuficiente.

Os populares tamén expresaron a súa alarma logo de confirmar que non existe ningún expediente oficial no departamento de Patrimonio.

Esta información trasladámoslla aos  representantes dos sindicatos policiais SUP, JUPOL, UFP, CEP e EYA nunha reunión na que tamén lles presentamos a petición de pleno extraordinario que vimos de rexistrar para impulsar a cesión, por parte do Concello, dos terreos necesarios para a construción desta dotación.

A popular manifestou que cada vez que o Partido Popular move ficha, dende o goberno local buscan contrarrestar con titulares. “Retorcen a realidade para dar unha mensaxe de tranquilidade que non é real xa que a única verdade é que o proxecto segue bloqueado oito meses despois de que a alcaldesa dixera que se faría a cesión inminente, e seguimos practicmente no mesmo punto”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario