Cadernos da viaxe. Favor libertatis. Por Xoán Antón Pérez-Lema

O Código Penal-CP- de1995 suprimiu a redención de penas polo traballo. Dende entón foron continuas as reformas do CP e da lexislación penitenciaria agravatorias das penas canto á súa duración e e execución. No 2016 estudos moi asisados reflectían un índice de delincuencia inferior nun 27 % á media europea, moi por baixo de Estados tan seguros como Suecia, Dinamarca […]

Leer más

Cadernos da viaxe. A catástrofe humanitaria de Domus Vi. Por Xoán Antón Pérez-Lema

 Das 600 persoas mortas pola Covid-19 en Galicia un 46% morreron nas residencias da terceira idade. E máis do 25% nas residencias de Geriatros e demáis sociedades do greupo Domus Vi, sobranceando os 50 mortos dos 150 residentes de San Lázaro-Santiago de Compostela e as 29 persoas mortas na Residencia de Aldán-Cangas (dun total de 100 infectados sobre 142 residentes), […]

Leer más

Cadernos da viaxe. A ideoloxía por riba da eficacia. por Xoán Antón Pérez-Lema

Nos Estados federais ou plurais da Europa (Alemaña, Suiza, Austria, o Reino Unido…) a xestión da pandemia axustouse á distribución do Poder entre os Gobernos centrais e os Gobernos territoriais, ao mandato xuridico e lóxico da subsidiariedade: os Gobernos próximos coñecen moito mellor os recursos e as necesidades do territorio e, ademáis, son os que contan cos medios persoais para […]

Leer más

Cadernos da viaxe. Crise da Monarquía, crise do Estado

As declaracións de Arturo Fasana, xestor de Xoán Carlos de Borbón perante a Fiscalía suiza  de Xenebra, ratifican o absoluto desprestixio do anterior Xefe de Estado. Malia que, fronte os 100 M USD da comisión do rei Abdallah da Arabia Saudita de 2008. os 1,7 M € do agasallo de 2010 do sultán de Bahrein son cuantitativamente moito menos relevantes.

Leer más

Cadernos da viaxe. Liberdade e saúde pública

A situación actual de pandemia require de medidas sanitarias extraordinarias que atinxen ás nosas liberdades. Mais, por grave que for a situación, a Europa democrática non pode-non debe-resolver esta caste de cuestións ao xeito de réximes autoritarios como as Repúblicas Islámica de Irán ou Popular Chinesa. Non, a Europa democrática ha resolver o binomio liberdade-saúde pública dende o seu acervo […]

Leer más

Cadernos da viaxe. Ensinanzas-provisionais-da pandemia. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Os esenciais:– Moitas das persoas que están a fornecer os servizos esenciais (sanitarios, dependencia e maiores, sociais, seguranza, mantemento e limpeza, produción e distribución alimentaria…) foron cualificadas no próximo pasado como xente doadamente substituíbel que non achegaban valor e, xa que logo, non xustificarían a actualización do salario mínimo. Agorta constitúen parte substancial da nosa capacidade de resposta social. No […]

Leer más

Cadernos da viaxe. Unión Europea: unha crise de sobrevivencia. Por Xoán Antón Pérez-Lema

A Unión Europea (UE) enfronta a peor crise sanitaria e, en moi poucas semanas, económica dende a fin da segunda guerra mundial. E fronte este repto excepcional amosa falla de capacidade de ollar lonxe, de liderado e de comprensión da excepcionalidade. Velaí que abrollase até de agora, unha resposta lenta, torpe e desartellada.

Leer más

Cadernos da viaxe. Estado de alerta: tarde e moi mellorábel. Por Xoán Antón Pérez-Lema

A aprobación polo Goberno do Estado do estado de “alarma” (alerta, como dicimos en galego) supón unha inédita restrición da liberdade de circulación das persoas, porque tamén é inédito este risco por pandemia. Cómpre darlle todas as oportunidades á poboación máis sensíbel ao virus.

Leer más

Eficiencia contra a pobreza. Por Xoán Antón Pérez-Lema

A recente visita ao estado español do relator da ONU sobre a pobreza extrema e os dereitos humanos, Philip Alston,  amosou unha situación de exclusión impropia de sociedades co PIB e renda per cápita das europeas. O moi elevado nível de desemprego, a extrema desprotección do dereito á vivenda e a pobreza xeralizada de minorías como a cigana e das […]

Leer más
1 2 3 4 7