Cadernos da viaxe. Mediación para Catalunya. Por Xoán Antón Pérez-Lema

En Catalunya existe  un conflito político que arrinca do proceso do novo Estatut entre 2006 e 2010. Despois dun pacto na Comisión Constitucional do Congreso que supuxo unha redución substancial dos máximos aprobados no Parlament e da aprobación plebiscitaria do texto pola cidadanía catalá, o PP recorreu de inconstitucionalidade o Estatut perante o Tribunal Constitucional (TC). O TC ditou sentenza […]

Leer más

Cadernos da viaxe. Crítica dunha sentenza inxusta (I). Por Xoán Antón Pérez-Lema

A primeira crítica á sentenza do procès do Tribunal Supremo (TS) é a extrema duración das penas de prisión impostas aos nove presos e presas soberanistas cataláns: entre 9 e 13 anos de prisión. Moi superiores ás impostas a todos os condenados no 1983 polo 23-F, agás Tejero, Miláns e Armada,  tendo en conta ademáis que aquelas eran redimíbeis parcialmente […]

Leer más

Cadernos da viaxe. Os dereitos na  diversidade funcional. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Galicia  está a fallar como sociedade do benestar en varios eidos. Mais o fracaso na garantía real dos dereitos das persoas con diversidade funcional (o que aínda moitas chaman desaqueladamente “discapacidade”) é grave abondo como para nos cuestionar abertamente o que se está a facer pola Xunta e demáis Administracións competentes.

Leer más

Cadernos da viaxe. A falla de responsabilidade da esquerda española. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Dende as eleccións do 28-A, cualificadas pola extraordinaria mobilización do electorado progresista estatal,  os irresponsábeis Pedro e Pablo xogaron ao máis cativo e paifoco tacticismo , esquecendo de xeito patente as esixencias do interese xeral e máis o mandato da cidadanía, que decidiu un goberno de coalición progresista de maioría socialista e corrixido por unha moi cualificada presenza dos soberanismos […]

Leer más

Cadernos da viaxe. Precisa Galicia dun imposto turístico? Por Xoán Antón Pérez-Lema

O turismo constitúe xa unha das principais actividades económicas na Galicia, achegando 5M de visitantes (case dous visitantes por residente) que inxectan na nosa economía uns 6.400 M€/ano, o 11% do noso PIB. Cómpre asumirmos esta realidade. Mais por mór das nosas deficiencias á hora de captarmos turismo de fóra da península ibérica (pola falla de marca-país de noso e […]

Leer más

Cadernos da viaxe. O atraso tecnolóxico de Galicia. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Non é casualidade que o noso País estea atrás de todo no ranking dos territorios europeos máis abertos á Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i). Ocupamos o 190 lugar, moi lonxe de Norte de Portugal e mesmo das demáis rexións portuguesas que están a vivir un proceso de potente aceleración tecnolóxica. Malia que eles contan con alguna desavantaxe fronte a nós […]

Leer más
1 2 3 4 5 6 7