Cadernos da viaxe. O perigosísimo alargamento do concepto do terrorismo

No réxime da democracia liberal a liberdade de expresión inclúe a crítica ideolóxica e política, mesmo para  fins de transformación ou mesmo subversión da orde social. O límite é a comisión de delictos, de actos violentos. No Estado español esta doutrina ten sido ratificada a eito polo Tribunal Constitucional en moitas da súas sentenzas, dende hai máis de trinta anos.

Leer más

Cadernos da viaxe. Madrid: un (o) problema de Estado. Xoán Antón Pérez-Lema

A tensión xerada polas diverxencias sanitarias entre o Goberno rexional de Madrid e o Goberno do Estado fixo agromar, porén, un consenso implícito de ambos os dous Gobernos a respecto da especialidade da rexión madrileña como auténtica cerna do Estado, de xeito que Madrid é o núcleo fundamental de España e España só se podería entender dende o seu centro, […]

Leer más

Cadernos da viaxe. O herdeiro e os caducos. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Penso que á amplísima mayoría da xente non lle preocupaba nadiña a presenza de El Rei no acto do Consello do Poder Xudicial (CXPX) na Escola Xudicial de Barcelona o venres 25-S, xusto nestes intres de grave crise económica e sanitaria que habería centrar as nosas prioridades na saúde e nas cousas de comer. Porén, o noso xuizo a respecto […]

Leer más

Cadernos da viaxe. Os dereitos das minorías nacionais. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Hai agora 87 anos, o 18 de setembro de 1933, Galicia foi recoñecida como nación polo IX Congreso de Nacións sen Estado e Minorías Nacionais da Liga das Nacións (SDN), precedente da ONU. Foi fulcral a intervención de Plácido Castro, secretario de relacións internacionais do Partido Galeguista (PG) e o apoio das entidades políticas e sociais catalás e vascas que […]

Leer más

Cadernos da viaxe. O fracaso do Ingreso Mínimo Vital. Por Xoán Antón Pérez-Lema

O confinamento producido pola pandemia xerou a exclusión de millóns en todo o Estado e a UE, nomeadamente persoas que vivían de ingresos informais, persoas empregadas de fogar non protexidas e contratados temporais e eventuais, adoito a medio de ETT e empresas de externalización de servizos. O Goberno do Estado non reaccionou axiña, pois que dixo precisar tempo para deseñar […]

Leer más

Cadernos da viaxe. É urxente indultar aos presos políticos. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Como avogado sei moi ben que o indulto para as nove persoas, presas políticas, soberanistas catalás non é ningunha solución en Dereito, pois que o indulto non extingue a responsabilidade criminal nin pode suprimir  as penas de inhabilitación para cargos e funcións públicas (agás acordo, hoxendía impensábel, do Tribunal Supremo que condenou inxustamente estas persoas) nin as indemnizacións por responsabilidade […]

Leer más

Cadernos da viaxe. Caso Fuenlabrada. Corrupción no CSD? Por Xoán Antón Pérez-Lema

A organización da liga profesional de fútbol (LaLiga) dispuxera o pasado maio, como adoito todas as tempadas, que nas dúas derradeiras xornadas das dúas divisións que organiza todos os partidos nos que se decidise un ascenso, descenso ou promoción se xogaran á mesma hora. O luns 20 de xullo desputábase a derradeira xornada e descobrironse varios positivos de Covid-19 no […]

Leer más

 Cadernos da viaxe. Os abaixo asinantes (Saving Private Borbón). Por Xoán Antón Pérez-Lema

Despois da guerra de 1808-1814, cando as Potencias europeas que venceron Napoleón recoñeceron como Rei das Españas e das Américas ao pai do tataravó do Rei Emérito, 69 dos 212 deputados das Cortes de Cádiz refugou de toda a evolución liberal que viviran as Españas dende 1808 e asinou  o chamado Manifesto dos Persas, no que viñan dicír que era […]

Leer más

Cadernos da viaxe. 12-X (IV): o plus que lle deu a maioría absoluta a Feijóo. Por Xoán Antón Pérez-Lema

En abril de 2019 o PSOE gañou as estatais en Galicia. En maio o PP non acadou alcaldía ningunha nas principais vilas, fóra da trapalleira-e dupla- coalición ourensá que lles garantiu a Deputación malia perder a absoluta, en troques da alcaldía da cidade das Burgas a prol do Jácome. As outras tres Deputacións e máis as principais vilas ficaron fóra […]

Leer más

Cadernos da viaxe. Marcho, que teño que marchar. Por Xoán Antón Pérez-Lema

Na lea ésta do Emérito, dos Borbóns e da Coroa haberán concordar comigo que todo  está moi mal organizado. O xefe do estado e o presidente do goberno central sabían dende marzo de 2019 o da comisión dos 100 M€ do rei saudí e ninguén reaccionou até a pandemia, cando Borbón e Grecia  lle quitou ao seu pai a súa […]

Leer más
1 3 4 5 6 7 12