@mmartinez____ Ciudadanos condiciona su apoyo a los presupuestos a un reparto equitativo en las ayudas a los clubs deportivos

La portavoz del Grupo Municipal Ciudadanos, Mónica Martínez, envío esta semana sus aportaciones para los presupuestos de 2020 entre las que se incluía la exigencia de una demanda justa por parte de los clubs deportivos, solicitar y recibir las ayudas directamente y no a través de las diferentes asociaciones que los puedan englobar. Leer más

Cuarta proba do circuito galego junior de skateboard este domingo 15 de decembro en Arteixo

O vindeiro domingo día 15 de decembro desputarase a 4ª proba do circuito galego junior de skateboard, organizada polo clube La Madriguera e a Federación Galega de Patinaxe e na que colaboran tanto a Xunta de Galicia como a Fundación Deporte Galego.

Esta competición terá lugar no Northside Indoor (Rúa Touriñana, 71) en Arteixo, A Coruña e poderán participar riders das categorías sub 6, sub 9, sub 12, sub 15 e sub 18. A categoría femenina será a partir de tres riders inscritas. A proba é a derradeira do circuito, polo que nela decidiránse os campións galegos. O check in terá lugar ás 10.30 horas e a entrega de premios ás 20.00 horas.

Carmen Santos reclama a creación dunha Fiscalía Anticorrupción en Galicia

Na comparecencia desta mañá do fiscal superior de Galicia no Parlamento, Carmen Santos reclamou a creación dunha Fiscalia Anticorrupción en Galicia, “unha demanda clara da cidadanía que resulta moi necesario na quinta Comunidade Autónoma do Estado en número de casos de corrupción”. “En Galicia houbo grandes macrocausas de corrupción que non chegaron a tramitarse ou que foron arquivadas por escaseza de medios, falta de vontade e existencia de farragosos conflitos de competencias. Está claro que a falta de medios é o principal motivo polo que estes delincuentes se van ‘de rositas’ ante o estupor e cabreo da sociedade”, engadiu.

A deputada do Grupo Común da Esquerda apelou á necesidade dunha maior dotación de medios que garantan a persecución dos casos de corrupción, da creación de oficinas antifraude e dunha maior independencia do poder xudicial como vías para “reforzar o sistema democrático”.

Xunto á corrupción, as enquisas determinan que a maior preocupación cidadá nos temas que aborda a Fiscalía é a lacra da violencia machista, aspecto que Carmen Santos tamén abordou na súa intervención. “Os xulgados especializados son unha demanda das mulleres e son necesarios para facer un tratamento axeitado dos casos de violencia machista, como se evidenciou en varios casos de agresións sexuais que foron tratados como ‘abusos’ nos tribunais”, argumentou a deputada. Lembrou tamén a existencia dun acordo unánime no Parlamento para a creación de xulgados especializados, e preguntou ao fiscal superior se este acordo lle fora trasladado en tempo e forma desde a Vicepresidencia da Xunta no marco da Comisión Mixta, que se reuniu en 2018 unha vez formalmente e outra informalmente, e non figura este punto na orde do día.

Carmen Santos tamén preguntou ao fiscal pola evolución do sistema ‘Lexnet’ tras as grandes eivas na confidencialidade dalgúns casos acontecidas no ano 2017, e parabenizouno polos avances acadados en dixitalización, agardando que “axude a solventar o nivel desigual de axilidade nos trámites xudiciais entre as distintas provincias”.

O BNG, cos traballadores de Nostián en folga

 Francisco Jorquera e Avia Veira visitaron este mércores as e os traballadores en folga da planta de Nostián co propósito de lles transmitir o total respaldo do BNG ás súas reivindicacións.
“Estamos aquí ás portas da planta de Nostián para mostrarmos a nosa solidariedade coas traballadoras, ás que a empresa quer aplicar un ERTE que afecta 40 por cento do cadro de persoal “, dixo Francisco Jorquera, quen remarcou que Albada pretende tamén facer decaer o convenio colectivo, o que implica unha modificación sustancial “á baixa” das condicións laborais e salariais do conxunto dos operarios da instalación.
Ante esta situación, Jorquera pide ao concello que “opte definitivamente” pola intervención da planta “para asegurar un servizo básico para todas as coruñesas e coruñeses” e para salvagardar tamén “os dereitos das traballadoras e traballadores”.

“Feijoo maquilla a súa falta de compromiso coa Coruña”, di o BNG

Desde que é presidente da Xunta os investimentos do Goberno Galego na nosa cidade limítanse a escolas infantís financiadas por unha fundación privada -a de Amancio Ortega-, a rehabilitación da Fábrica de Tabacos e agora a construción dunha pasarela que dá acceso a unha grande superficie comercial.

Así valora o BNG a presenza de Feixóo na cidade este mércores para inaugurar a chamada Pasarela-Marineda. A formación nacionalista non cuestiona a necesidade desta infraestrutura, mais si chama a atención de que a súa construción contraste coa falta de compromisos do Goberno Galego noutras materias, tal e como se revela no proxecto de orzamentos 2020 en relación á cidade e á comarca da Coruña.

Durante a década Feixoo, o Goberno Galego  estivo ausente na cidade en políticas de vivenda –desde 2009 non se construíu na cidade nin unha soa vivenda de protección oficial da Xunta- ou de industrialización e nese sentido non deixa de ser curioso que a pasarela que hoxe inaugura o presidente do Executivo Galego se ache a escasa distancia dunha factoría, Isowat, que se viu abocada ao seu feche sen que desde Monte Pío se movese un dedo para evitalo.

1 288 289 290 291 292 399