Adolfo Domínguez rodará no Museo Interactivo da Historia de Lugo

Durante o vindeiro mércores, o MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) acollerá a sesión de fotografía e vídeo para a próxima campaña de publicidade de Adolfo Domínguez, unha das marcas máis importantes da industria téxtil galega. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, “vemos positivo que unha marca cuxa publicidade se difunde a nivel mundial queira utilizar o MIHL na súa vindeira campaña”.

Segundo informou a edil de Cultura, a sesión non interromperá o normal funcionamento do museo, o cal seguirá aberto ao público durante toda a xornada.

Segundo Maite Ferreiro “dar a coñecer as nosas instalacións é o primeiro paso que debemos dar para convertelas nos puntos de referencia da actividade cultural da cidade, ademais de ser un reclamo turístico”.

@CIGSAUDEMARINHA apoia a mobilización de Alcoa en Foz

Desde CIG Saúde A Mariña amosan o apoio á concentración convocada polo Comité de Empresa de Alcoa en defensa do tecido industrial da comarca e do futuro da Mariña, solidarizándonos con todos os traballadores e traballadoras da empresa e facendo un chamamento á participación en dito acto que terá lugar este  mércores 4 de decembro en Foz ás 20.00 horas na Praza Conde de Fontao, baixo o lema ‘Enerxía solución: Alcoa sálvase loitando‘. Leer más

Aurelio Núñez Centeno. “Para o PPdeG e o Goberno galego van primar sempre a seguridade das nais e dos nenos sobre calquera outra circunstancia”

O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, incidiu hoxe no Parlamento, respecto do peche do paritorio no Hospital de Verín, que “este grupo parlamentario, e o Goberno que sustenta, van primar sempre a seguridade das nais e dos nenos sobre calquera outra circunstancia ou presión sindical ou política, veña de onde veña, porque o contrario sería totalmente irresponsable”. Leer más

O Sindicato Labrego (@SLG_labregxs) agarda que a Xunta non utilice os premios concedidos a Erimsa como escusa para autorizar novos proxectos extractivos

Esta semana coñecemos a nova de que a empresa mineira Erimsa recibiu en Bruxelas un Premio de Desenvolvemento Sostible entregado pola Asociación Europea de Áridos (UEPG) polas “súas boas prácticas medioambientais na comarca de Ordes”. En outubro do ano pasado, recollía un galardón semellante de mans do mesmísimo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no marco do V Congreso Estatal de Áridos, que se celebrou en Compostela. Leer más

@agromuralla pide os Concellos que rebaixen a presion fiscal ás explotacións agrogandeiras

A asociación de gandeiros e gandeiras presentou unha solicitude formal en todos os Concellos das provincias de Lugo e da Coruña onde ten asociados para que as Corporacións municipais destes municipios acorden unha rebaixa na tributación dos inmobles de natureza rústica e das explotacións agrogandeiras e construcións vinculadas a elas que permita “aliviar a carga fiscal que soportan as granxas e favorecer a súa viabilidade e competitividade pola vía da redución dos custos de produción”. Leer más

@esqunidalugo apoia a Carlos Portomeñe na querela do ex alcalde de Lugo, José López Orozco

Foi hai unha década, en 2009, cando Carlos Portomeñe, ex concelleiro do grupo municipal ACE-EU, denunciou ante a Fiscalía o pelotazo urbanístico que se pretendía levar a cabo nos terreos contiguos ao Campo de Golf de Lugo, onde se recalificaran 525.000 metros cadrados de solo rústico de especial protección agroforestal e agropecuaria como solo urbanizable para a futura construción de 400 chalets e un hotel. Este feito é hoxe en día parte da causa que o xulgado de Instrucción Nº2 de Lugo ten aberta sobre a corrupción urbanística relacionada co PXOM, que o propio Portomeñe leva denunciando case dende que se comezou a tramitar o Plan Xeral. A finais de 2015 o grupo municipal ACE-EU, do que Carlos Portomeñe era voceiro, destapou grazas a súa labor de oposición dentro da corporación lucense, que efectivamente o devandito PXOM se tramitara de xeito fraudulento durante os sucesivos mandatos de López Orozco, baixo a dirección do cal tamén tiveron lugar tanto a recalificación da contorna do Clube de Golf como a autorización da construcción da Torres do Garañón, o maior atentado urbanístico da historia de Lugo, polo que están imputados o mesmo Orozco e o ex concelleiro de Urbanismo Gómez Besteiro. Leer más

1 287 288 289 290 291 388