En marcha os proxectos para humanizar un tramo do Camiño Inglés entre Miño e Paderne e renovar a avenida de Santa Cristina

En Miño construirase unha senda de 1,3 quilómetros para conectar a Ponte do Porco e A Ponte do Lambre cun itinerario seguro para peóns. O outro proxecto planteará a remodelación da DP-5804 no acceso á praia de Santa Cristina, en Oleiros, atendendo ás necesidades actuais da poboación

Leer más

A Coruña e Durham unidos para promocionar o Camiño Inglés e Fisterra-Muxía en Inglaterra

Antonio Leira e Amy Harhoff asinaron un protocolo de colaboración que permitirá intensificar as accións conxuntas de promoción das rutas xacobeas en territorio británico. Xornalistas, prescriptores turísticos e touroperadores británicos visitarán a provincia da Coruña en setembro para colaborar na difusión do Camiño

Leer más

A Rede Stelar do Camiño Inglés bota a andar con 30 establecementos turísticos que apostan pola excelencia e a calidade na atención ao peregrino

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa , promove a creación da Rede Stelar: unha rede de establecementos turísticos que aposten pola excelencia e a calidade na atención ao peregrino. Unha rede que hoxe bota a andar oficialmente despois da entrega das placas identificativas aos 30 primeiros locais, inicialmente restauración e aloxamentos, por parte do presidente da […]

Leer más

A Deputación da Coruña promociona o Camiño Inglés no Water Fest de Reading (Inglaterra)

O deputado Antonio Leira destacou que a presenza coruñesa neste festival é froito das accións de promoción levadas a cabo pola Deputación nos últimos anos en territorio británico e manifestou a súa satisfacción “porque en Inglaterra cada vez hai un maior coñecemento e un maior interese por este destino”

Leer más

Constituída a Mesa de Traballo para impulsar o Camiño Inglés e o de Fisterra-Muxía

O Pazo de Mariñán acolleu o acto de constitución da Mesa, na que participan institucións, universidades, concellos e entidades de representación social e económica das comarcas e concellos polos que discorren estes itinerarios xacobeos

Leer más

A Deputación apoia a iniciativa para que o Camiño Inglés sexa declaradado Patrimonio da Humanidade pola Unesco

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, reuniuse co seu hamólogo da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, que iniciou unha rolda de contactos institucionais co fin de lograr o maior consenso político e social para a consecución deste recoñecemento, clave para o desenvolvemento económico e turístico da provincia

Leer más

Encargado o proxecto para humanizar o tramo do Camiño Inglés que vai da Ponte do Porco á Ponte do Lambre

Valentín González Formoso visitou hoxe a zona cos alcaldes de Paderne e Miño, que solicitan a creación dunha senda que garanta a seguridade peonil nun tramo de 1,3 quilómetros que conecta os dous municipios e polo que discorre este itinerario xacobeo

Leer más
1 2