O Colexio Internacional SEK Atlántico de Poio gaña a primeira edición do reto Challenge STEM que organiza o Campus Industrial de Ferrol

Baixo o pseudónimo de “Ciencia Viva”, Jaime Martínez Miramontes, Manuel Fernández Moldes, Frances Lo Schiavo, Carlos González Tourís e Martín Buela Portela, alumnos do Colexio Internacional SEK Atlántico de Poio, acadaron o primeiro premio na Gran Final Presencial do reto Challenge STEM que tivo lugar este venres, de 10:30 a 15:00 horas, no Campus Industrial de Ferrol. Logo da súa […]

Leer más

A experta en Intelixencia Artificial da UDC Verónica Bolón, nova Académica da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España

A profesora da Facultade de Informática da Universidade da Coruña Verónica Bolón Canedo (Carballo, 1984) acaba de ser nomeada nova Académica Correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España. Verónica Bolón é enxeñeira Informática, con diploma en Estudos Avanzados e doutora en Computación, con premio extraordinario de doutoramento, pola Universidade da Coruña. Actualmente é profesora Titular […]

Leer más

O espazo cultural da Universidade da Coruña, NORMAL, acolle a primeira exposición sobre a historia do deseño galego, “A Galicia deseñada”

O espazo cultural da Universidade da Coruña, NORMAL (Campus de Riazor), acolle desde desde hoxe e ata o 13 de xaneiro a exposición “A Galicia deseñada”, unha proposta de viaxe pola historia do deseño galego elaborada a partir dunha selección de cen símbolos, marcas e identidades gráficas, que se reúne por primeira vez. A mostra, organizada pola UDC coa colaboración […]

Leer más

A Deputación financia os dous proxectos que desenvolve a clínica xurídica ‘Xustiza Social’ da UDC para este curso

A Deputación da Coruña destina 16.000 euros para financiar os dous proxectos que desenvolve durante este curso a clínica xurídica ‘Xustiza Social’ impulsada pola Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (UDC). A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, e o reitor da UDC, Julio Abalde, asinaron hoxe o convenio polo que a administración provincial aporta 16.000 euros, un 80% […]

Leer más

Universidades da Coruña, Ámsterdam, Brighton, Karolinska Institutet e Zúric ofrecen conxuntamente o Máster Internacional en Terapia Ocupacional

A Universidade da Coruña ofrece este curso o Máster Europeo en Terapia Ocupacional na Facultade de Ciencias da Saúde impartido conxuntamente con outras catro entidades académicas superiores que forman o consorcio European Master of Science in Occupational Therapy. O Máster Europeo en Terapia Ocupacional foi fundado en 1999 por catro institucións europeas de educación superior, a Universidade de Ciencias Aplicadas […]

Leer más

A International Staff Week “Smart Industry” reunirá no Campus Industrial de Ferrol a persoal investigador e de administración de 16 universidades europeas

A vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, e a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, reciben, este luns 3 de outubro, ás 09:30 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do campus ferrolán, aos 20 participantes na Internacional Staff Week “Smart Industry and its implications for universities” que organiza, entre o 3 e o […]

Leer más

Preto de 150 investigadores dos campus da Coruña e Ferrol organizan actos para celebrar a Noite Europea das Persoas Investigadoras

Preto de 150 persoas, entre persoal investigador e técnico, da Universidade da Coruña organizan unha trintena de actividades para celebrar a Noite Europea das Persoas Investigadoras da Coruña e Ferrol o vindeiro 30 de setembro. O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o concelleiro de Educación da Coruña, Jesús Celemín, a directora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural […]

Leer más

A Universidade da Coruña e o Concello de Ferrol crean unha Cátedra que promoverá a creación dunha Escola de Arqueoloxía na cidade

O Campus Industrial de Ferrol acolleu este venres o acto de firma do convenio polo que se crea a Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial Concello de Ferrol – Universidade da Coruña. O reitor da UDC, Julio Abalde, e o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, asinaron o acordo nun acto que contou coa presenza da vicerreitora do Campus de Ferrol […]

Leer más

A Universidade da Coruña incorpora unha unidade de formación en fisioterapia deportiva para o alumnado Deportista de Alto Nivel ou Medallista

A Universidade da Coruña ofrecerá a partir deste curso unha Unidade de formación de fisioterapia deportiva para o alumnado Deportista de Alto Nivel (DAN) e Medallistas dos Campionatos Universitarios. Así o anunciou esta mañá a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deportes, Cristina López Villar, quen, xunto co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e a directora de Deportes, Marta […]

Leer más

Os reitores das universidades da Coruña e Vigo renovan co responsable da empresa Aldaba a Cátedra para promover as vocacións TIC entre as mulleres

Os reitores das universidades da Coruña, Julio Abalde, e Vigo, Manuel Reigosa, e o responsable da empresa Aldaba, Enrique Fernández, asinaron este luns a renovación da Cátedra Aldaba Wib: Women, ICT & Business, unha iniciativa que comezou en outubro de 2019 e que, tras tres anos en funcionamento, renova o seu compromiso de dar visibilidade ás achegas das mulleres no […]

Leer más
1 2