Recortes Cero estende aos Defensores autonómicos a esixencia dun debate para os extraparlamentarios

por Redacción Galicia

O vindeiro xoves ás 12 da noite empeza a campaña electoral e Recortes Cero insiste en estender a súa esixencia dun debate a dous tempos no que participen os extraparlamentarios

Segundo o equipo de campaña da formación ‘esta é unha campaña na que todo o mundo coincide en cualificar de especialmente importante para o futuro do país, por iso, agora máis que nunca, debemos coidar con celo a democracia e o pluralismo político, que a cidadanía teña acceso a todas as propostas tal e como indica a lei, sen que o teña que facer polos seus propios medios senón que sexa a Administración quen asegure que poden coñecer todas as opcións e tomar unha decisión’.

Agora Recortes Cero estende a súa petición de mediación a todos os defensores autonómicos. Unha proposta de organizar un debate ‘a dous tempos’ – por unha banda os parlamentarios e por outra os extraparlamentarios con tempos, horarios e audiencias proporcionais á representatividade e esforzo feito para presentarse -, un ‘Debate a 7…. e máis’ no que calquera poida obter a información de calquera candidatura a través dun debate no que se contrastan os proxectos políticos.

Inicialmente, Recortes Cero fixo público un chamamento aos medios públicos que posteriormente estendeu a todos os medios do país. Onte puxo en marcha a petición de mediación da Defensoría do Pobo e hoxe esténdea a todos os defensores do pobo autonómicos, o Arateko do País Vasco, a Valedora do Pobo de Galicia, o Xustiza de Aragón, o Deputado do Común de Canarias…

Nestas eleccións só hai tres formacións que se presentan nas 52 circunscricións ao Congreso e as 59 ao Senado, que son PSOE, PP e Recortes Cero, pero hai ata 62 ao Senado e 59 a Congreso.

Segundo Recortes Cero, ‘con vontade pode organizarse un amplo debate moito máis democrático e plural, xa que só 7 candidaturas preséntanse en 50 circunscricións, ademais das opcións nacionalistas e autonómicas máis destacadas. O resto preséntanse nunhas poucas e a inmensa maioría nunha soa circunscrición’. Por iso insístese desde a formación que encabeza a catalá Nuria Suárez, que é un déficit democrático non dar resposta a unha realidade que cambiou tras o período político que estivo marcado pola irrupción do 15M.

‘Por iso non queremos deixar de recoñecer publicamente o enorme traballo que fan os profesionais dos medios de comunicación, e chamarlles a facer todo o que estea nas súas mans por ampliar a democracia e a pluralidade nesta campaña’.

Desta maneira Recortes Cero vai pedir amparo ás institucións que “velan en España polo cumprimento xusto das leis e o espírito constitucional”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario