O PP de Monforte apoia a bonificación do ICIO á empresa Oviganic para as obras nas súas instalacións para ampliar a produción

por Redacción Lugo

Os populares poñen en valor a aportación de tres millóns de euros por Medio Rural á factoría monfortina da empresa láctea

Os populares de Monforte teñen expresado reiteradamente o seu apoio ao tecido produtivo e tamén destacaron en numerosas ocasións a importancia da colaboración público-privado para o desenvolvemento económico. A portavoz do PP, Katy Varela, pon en valor o apoio da Xunta á incorporación de novas liñas de produción na industria láctea Oviganic e no pleno que celebra a corporación municipal esta tarde os populares apoian a bonificación do ICIO á dita empresa, polas obras que se van a levar a cabo nas súas instalacións para ampliar produción e así contratar a quince traballadores máis.

Varela di que “o PP de Monforte aproba esta iniciativa porque está totalmente a favor das bonificacións fiscais á actividade empresarial e á creación de emprego”. Anuncia que aproveitarán a súa intervención “para poñer en valor o apoio da Xunta de Galicia e de Francisco Conde a esta empresa sempre, desde a declaración de iniciativa empresarial preferente, acortando así os prazos e facilitando o despacho como subvencións directas, por exemplo, de tres millóns concedidos en 2020 pola Consellería do Medio Rural”.

Varela explica: “Aproveitamos para poñer en valor este investimento pois estamos cansos dos continuos mensaxes de Tomé reprochando a suposta falta de investimento da Xunta en Monforte; isto é un claro exemplo do amplo apoio da Xunta á nosa cidade e neste caso ao sector económico e empresarial, apoiando todos aqueles proxectos que xeren emprego e riqueza”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario