A Deputación da Coruña entrega scooters a dez agrupacións de Protección Civil da provincia

por Redacción A Coruña

Este novo programa, consensuado coas agrupacións da provincia,  permite que a Deputación financie o 100% dos materiais e as agrupacións elixan aqueles que máis se adaptan ás súas necesidades

O deputado en funcións de Promoción Económica, Blas García, entregou un lote de dez scooters adquiridas pola Deputación da Coruña a outras tantas agrupacións de Protección Civil de concellos da provincia.

As bases de Protección Civil de Ames, Betanzos, Boiro, Carnota, Curtis, A Laracha, Muxía, Negreira, Val do Dubra e Vimianzo contarán con estas novas motocicletas para desenvolver o seu labor.

“Ata agora, a Deputación daba axudas económicas para financiar a compra de material ao 80%, pero tras escoitar as propostas das propias agrupacións de Protección Civil decidimos cambiar o sistema e agora a Deputación adquire e financia os 100% dos materiais e as agrupacións elixen cales se adaptan mellor as súas necesidades”, explicou o deputado, que detallou que proximamente “entregaranse bicicletas e equipos de comunicacións a outras agrupacións de Protección Civil da provincia que solicitaron este material”.

Blas García destacou a importancia do traballo das agrupacións de Protección Civil na provincia e lembrou que, ademáis destas axudas para adquirir material, dispoñen tamén dunha de liña de axudas específica para financiar as súas actividades.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario