O cabeza de lista ao Congreso interviu xunto ao número 1 ao Senado, José Manuel Barreiro, nun mitin en Sarria
-
O popular fixo un repaso aos incumprimentos de Sánchez coas infraestruturas do centro da provincia: a A-54 sen rematar, a A-56 paralizada e «cun ano perdido no Castro, na A-6, por non reconstruír os dous viadutos á vez, como avisaran Galicia e o sector do transporte»
-
O candidato citou algunhas medidas do programa do PP coma reducir o IRPF ás rendas máis baixas, mellorar a fiscalidade no rural, fomentar a conciliación, apoiar á España despoboada, axudar a promocionar o Camiño de Santiago e aprobar un Perte para o sector turístico
-
Conde avogou por «concentrar o voto no PP» para «levar o modelo galego a España»: «votar á esquerda ou aos independentistas é votar a un pacto de perdedores e votar a Vox en Lugo é votar a Sánchez»