Besteiro: “A presidencia europea de Sánchez impulsa o protagonismo de Lugo e Galicia”

por Redacción Lugo

Gómez Besteiro destacou a importancia de que “para o mundo empresarial lucense haxa un Goberno como o actual que lidera en Europa e que ao mesmo tempo entende o mundo que existe fóra de Madrid”.  Nesta liña, lembrou a cita europea sobre despoboamento

 “O Goberno de Pedro Sánchez pon a Galicia e a Lugo na axenda da presidencia europea, no centro da UE, e por iso  gustaríame celebrar co mundo empresarial o importante que é que un goberno como o actual sexa un goberno que lidera en Europa”. Iso é moi importante, dixo, “sobre todo para os empresarios que están aquí, que fan operacións exteriores lonxe da nosa comunidad, tanto en Europa como fóra de Europa”. Gómez Besteiro participou esta mañán no encontro que mantivo o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, con empresarios e sindicatos da provincia de Lugo, no que destacou  “a importancia que tiveron e terán os fondos europeos no progreso das empresas de Lugo”.

O cabeza de lista ao Congreso sinalou que “por primeira vez Galicia ten un protagonismo sen parangón na recente historia de España con actos que a vinculan coa UE, con actos relacionados coa pesca, co Ecofin, coa demografía ou coa despoboación como o que albergará Lugo no mes de setembro… Galicia vai ser protagonista tamén dese semestre europeo no que Pedro Sánchez e o Goberno de España presiden a UE”, sublinou.

Nesta liña, resaltou a importancia do debate que terá lugar na cidade  no mes de setembro “centrado sobre un problema que levamos defendendo os socialistas dende hai tempo; as consecuencias do envellecemento poboacional e do despoboamento. Unha cita internacional que terá lugar na nosa terra e que é un tema  absolutamente esencial nesta provincia” .

“Creo que é un debate interesantísimo e forma parte das patas do goberno de Pedro Sánchez: entender o mundo fóra de Madrid dun xeito distinto, entender o mundo das comunidades autónomas dun xeito distinto”.

“Os meus grandes amigos Besteiro e Mogo”

O  Ministro de Asuntos Exterior, José Manuel Albares, dixo, a súa chegada a Lugo, que “vin en primeiro lugar a apoiar aos candidatos e candidatas do Partido Socialista nesta provincia, ás súas cabezas de lista no Congreso e no Senado, a Jose Ramón Gómez Besteiro e a César Mogo, dous grandes amigos meus e dous grandes embaixadores de Lugo en Madrid e ante o Goberno de España: “ Ambos insistiron durante moitos meses para que Lugo estivese no centro da presidencia española da Unión Europea que  arrincamos o 1 de xullo. E, como xa saben Lugo  vai ter reunións fundamentais como é a conferencia de alto nivel sobre envellecemento e despoboamento onde se vai a debater e vanse a tomar decisións crave para o coidado dos nosos maiores en Europa e tamén para a cohesión territorial”

Albares fixo  un chamamento a todos os lucenses progresistas para que o 23 de xullo a papeleta que escollan sexa a do PSOE: “Só hai unha papeleta que poida frear un goberno dunha dereita radicalizada en coalición coa ultradereita e esa é a papeleta do PSOE” . O Ministro de Asuntos Exterior apelou “ás persoas sensatas, ás persoas moderadas que non queren ver ministros de extrema dereita no goberno de España e sobre todo non queren ver ideas que nos van a sacar, agora que somos presidencia da UE, da centralidade de Europa”.

Tras a reunión, autoridades, candidatos e empresarios fixeron un percorrido polo centro da cidade.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario