No sprint final desta campaña, o BNG repartiu esta mañá material informativo en Catro Camiños e farao esta tarde na Praza Elíptica
“Notamos que a corrente de simpatía cara ao BNG medra día a día”, afirma a concelleira e deputada nacionalista Mercedes Queixas, quen fai un chamamento a asistir ao mitin central de peche de campaña que a formación realizará este venres na Coruña (20.30 horas, Xardíns de Méndez Núñez), coa participación do noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera, ben como de Iria Taibo e Néstor Rego -números 3 e 1 da nosa candidatura pola Coruña- e da nosa portavoz nacional, Ana Pontón.
Ninguén dubida xa de que o BNG está indo a máis en campaña e que o obxectivo dun grupo galego forte en Madrid está ao alcance da man. “O voto ao Bloque é fundamental para aumentar o peso político de Galiza no Estado, mais tamén para frear a alianza PP-Vox. A dereita e a ultradereita son cada vez máis anacrónicas, reaccionarias, machistas, antigalegas e antidemocráticas”, avaliou Queixas.
A concelleira e deputada mostrouse certa de que “a todo isto lle vai facer fronte a sociedade galega a través da confianza e o amor por Galiza, a través do voto ao BNG”.