Francisco Conde aposta por “un novo ciclo” e unha “política útil” a partir do vindeiro domingo con Alberto Núñez Feijóo como presidente do Goberno

por Redacción Lugo

O candidato número 1 da lista do PP da provincia de Lugo ao Congreso, Francisco Conde, amósase ilusionado porque o próximo domingo os lucenses, os galegos e os españois voten cambio para comezar “un novo ciclo”, voten ao Partido Popular e a Alberto Núñez Feijóo que é “a verdadeira alternativa” para “resolver os problemas dos españois, reverter a situación económica do país, deixar atrás o sanchismo e que en España volva haber unha política útil”.

Nun encontro con xornalistas no que estivo acompañado por membros da candidatura ás xerais do vindeiro 23 de xullo, o popular fixo balance da “intensa campaña a pé de rúa, moi pegada á xente” e durante a que “percorremos máis de 7.000 quilómetros e organizamos máis de 100 actos”. Os candidatos populares participaron en encontros sectoriais con axentes socioeconómicos da provincia para trasladarlles o proxecto de Alberto Núñez Feijóo coma o sector forestal, empresarial, vitivinícola, agrogandeiro, pesqueiro, turístico, etc.

Pero, sobre todo, “estivemos coas familias, as mulleres, os mozos e mozas, os maiores, as pequenas e medianas empresas, os autónomos e colectivos que precisan unha política distinta, útil, que atenda as súas necesidades”. Nese sentido, Conde fixo referencia á “perda de poder adquisitivo que sofren as familias, as pemes e a industria que lastra a súa competitividade e a súa capacidade para xerar emprego e acometer investimentos”.

/>O cabeza de lista dos populares subliñou que “quería unha semana máis de campaña” por dúas razóns. Porque, por unha banda, “cada vez que facemos un plantexamento na nosa provincia, o PSOE di que vai resolver iso mesmo que non resolveu nos últimos anos”. E, por outra, porque “hai moita ilusión no Partido Popular que se volcou nesta campaña traballando todos polo candidato que é Alberto Núñez Feijóo”. Así engadiu “o respaldo de toda a estrutura do PP lucense -alcaldes, portavoces, concelleiros, militantes e simpatizantes- que non só deron boa acollida e soporte, senón que de forma permanente para que esta mensaxe de optimismo por comezar un novo ciclo realmente se poida concretar o domingo coa vitoria de Alberto Núñez Feijóo”.

Os populares traballaron nesta campaña para alcanzar o obxectivo que se marcaron o día da súa presentación: acadar o terceiro deputado pola provincia. “Cantos máis sexamos, máis forza faremos e Lugo, en definitiva, estará máis presente na axenda política do Goberno central”, sinalou Francisco Conde.

O GOBERNO DE SÁNCHEZ, RECTIFICADO POLA COMISIÓN EUROPEA

Conde considera que “máis que unha remontada”, este final de campaña está “evidenciando que o Goberno está sendo rectificado pola Comisión Europea. É especialmente grave que un Goberno do PSOE tomara unha decisión ocultándollo á cidadanía española e que a CE confirme que para o ano 2024 teremos que pagar peaxes por empregar as autovías”.

O popular considera que “estamos ante un Goberno que está enganando á cidadanía para manterse no poder”. Ante a “cara oculta do sanchismo”, o Partido Popular e o candidato Alberto Núñez Feijóo propón “unha nova política” con “transparencia, solvencia, rigor e con proxecto político en positivo que está disposto a dar respostas”.

<div class=

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario