PREGUNTAS SOBRE PARTICIPACIÓN CIDADÁ OBRAS PEONALIZACIÓN
- Sobre o procedemento de participación veciñal que supostamente se están facendo con respecto á transformación do casco histórico por mor das obras de peonalización “a información que se facilitou foi insuficiente e pouco satisfactoria”. Nin deron unha listaxe das entidades coas que se reuniron ou se van a reunir, nin quedou clara a canle.
ESCRITURAS A CROA
- Os propietarios de 15 vivendas de A Croa, no barrio de Albeiros, levan 23 anos agardando polas escrituras de propiedade deste inmobles.
- O goberno local prometeu en numerosas ocasións desatascar este trámite. Non é crible que en vez de concretar un prazo para a entrega destes documentos nons digan que a ralentización desta xestión é culpa da notaría que está co expediente
SAGRADO CORAZÓN
- Con respecto á mellora da accesibilidade dun edificio do Sagrado Corazón resulta decepcionante que o goberno local en vez de tomar a iniciativa lance a pelota ás 21 familias afectadas.
- PSOE e BNG din que son os veciños os que deben acreditar as contradiccións da titulariedade do paso polo que acceden ao seu edificio no que hai varios tramos de escaleiras.
- Unha vez resolto e demostrado que non é da súa propiedade, deben e que renuncian e, eles mesmos solicitar que se executen as rampas necesarios.
OBRADOIROS INFANTÍS
- O goberno local intenta evadir a súa metedura de pata por excluir aos menores de 13 anos nos obradoiros infantís que se organizan dentro do programa infantil de verán do Eixo Atlántico e que tiveron lugar en xullo.
- Escudan o seu olvido en que hai accións xenéricas dentro da programación nas que poden participar os rapaces e rapazas desta idade.
- Ás preguntas sobre o desglose das prazas ofertadas contestaron que había OITO vacantes por obradoiro e que só se matrícularon en cada un deles SEIS persoas.
- Conclusión: o goberno local programa actos que non resultan atractivos para a mocidade.