O PP propón escoitar á cidadanía e pedirá ao pleno da Deputación a constitución da comisión especial de queixas e suxestións

por Redacción Lugo

Os deputados populares consideran que esta comisión debe convocarse de inmediato para así dar á veciñanza un espazo no que presentar suxestións, queixas ou reclamacións sobre o funcionamento da entidade e o estado das propiedades provinciais.

  • Unha vez constituída e convocada sería preciso elaborar e aprobar un regulamento para recoller o funcionamento desta comisión, establecendo unha periodicidade bimensual para as súas reunións
  • No Grupo Provincial Popular entenden que esta comisión ten que estar formada por representantes de todos os grupos políticos que integran o pleno na mesma proporción que as comisións informativas e dar conta ao pleno, mediante un informe anual, das queixas presentadas e das deficiencias observadas no funcionamento dos servizos provinciais
  • Os populares defenden dar a esta comisión a máxima difusión a través de distintas canles de comunicación para garantir que a veciñanza teña coñecemento desta ferramenta; así coma da existencia do modelo normalizado para a presentación de avisos, queixas e suxestións ante a Deputación de Lugo
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario