O sábado arrancan en Friol os paseos de Guido Guía por Lugo e A Ulloa

por Redacción Lugo

O vindeiro sábado 29 de xullo comeza un ambicioso proxecto de colaboración entre o GDR-4, Guido Guía e 11 concellos das comarcas de Lugo e A Ulloa. Anunciado xa o mes pasado, sabemos xa as dúas primeiras datas: o vindeiro sábado en Friol, e o 9 de setembro en Guntín.

Este ciclo de actividades lúdico-culturais pretende promover o descubrimento da historia, da natureza e das riquezas de todos os concellos, así como promover e promocionar os valores gastronómicos, sociais e de todo tipo.

A primeira das xornadas viaxeiras comezará na praza Andón Cebreiro de Friol ás 11h00, cun paseo de tres horas de duración que virá precedido dun picnic e música local.

A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do correo info@comarcadelugo.gal ou do teléfono 982238000.

 /></p></div><div class=

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario