O PP denuncia o colapso no que se atopa o servizo de atención ao cidadán do Concello de Lugo

por Redacción Lugo

Enrique Rozas critica a falta de previsión do goberno municipal, que mantén a unha soa persoa atendendo o departamento de atención cidadá

  • Na canle de comunicación habilitado polo Grupo Municipal do Partido Popular estanse a recibir numerosas queixas polo servizo de atención ao cidadán prestado no Concello de Lugo
  • Das 6 persoas asignadas ao servizo de atención ao cidadán só unha está a prestar servizo na actualidade. Un servizo que recibe a unhas 50 persoas diarias para atención e información dos diferentes servizos municipais e a tramitación, entre outras, da tarxeta cidadá, precisa de medios e persoal axeitados e non as condicións nas que se atopa agora.
  • En temporada estival o número de persoas que se achegan ao Concello a solicitar información ou tramitar documentación vese incrementado pola poboación flotante que acude á cidade a pasar as vacacións, a visitar a familiares, etc.
  • Os medios dos que dispón este departamento, en moitos casos obsoletos, provocan que sexa preciso emitir numerosos duplicados de tarxeta cidadá polo mal funcionamento das mesmas
  • Cando se achega o comezo do curso escolar, as solicitudes da devandita tarxeta vense incrementadas, xa que moitas delas son solicitadas por estudantes universitarios que inician os seus estudos na cidade

 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario