Mar Carballas solicita ao goberno de Lara Méndez compromiso cos lucenses para esixir aos ministros do goberno central que non veñan a Lugo de turismo e veñan con proxectos concreto
- O Concello de Lugo non recibirá os fondos europeos previstos para un proxecto que, unha vez máis, –xa no ano 2022 quedara fora doutra liña de axudas– representa a falta de ambición e de peso político dunha alcaldesa que vende fume con fins electoralistas pero que volve a ver como o “seu goberno” non se implica cos proxectos da súa cidade.
- A resolución destas axudas ven a poñer de manifesto o engano do equipo de goberno aos lucenses e a outras administracións. A alcaldesa sentouse co presidente da Xunta de Galicia a negociar un proxecto ocultando que tiña os “seus deberes” sen facer. É o momento de pedir desculpas a toda a veciñanza por unha forma de actuar, o engano, que impide desenvolver proxectos relevantes para a cidade.
- Lara Méndez emprega o cargo de alcaldesa para facer de anfitrioa de cargos socialistas que non buscan máis que a foto pero que na realidade non adquiren ningún compromiso co municipio.
- Dende o ano 2005 os lucenses levamos esperando que o Concello de Lugo lle dea un uso a este edificio que, co paso do tempo, cada vez sofre un maior deterioro e incrementa o custo da súa rehabilitación. Un modo de actuar recorrente para este goberno que replica este modo de actuar nun auditorio que manteñen pechado dende que o recibiron en xullo de 2020, co conseguinte deterioro que está a sufrir.
- Os populares demandan un compromiso serio que contemple unha folla de ruta concreta para loitar por sacar adiante un proxecto que leva moitos anos reclamando responsabilidade e realismo por parte do goberno municipal. Os lucenses xa están cansos de castelos no aire, de promesas incumpridas e da falta de seriedade que se reflicte en anuncios de obras que, unha vez tras outra, quedan en “papel mollado”.