A Xunta patrocina o concerto de Luar na Lubre no marco da Noite Meiga de Sarria

por Redacción Lugo

A Xunta de Galicia apoia á asociación Meigas e Trasgos na organización da LI edición da Noite Meiga, que se celebrará o último fin de semana de agosto en Sarria

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e responsables do colectivo  explicaron hoxe que o Goberno galego, a través de Turismo de Galicia, asume o financiamento do concerto que ofrecerá Luar na lubre o venres día 25. Terá lugar na explanada xunto á sede da asociación, a partir das 22.30 horas, e será de asistencia gratuíta.

Arias gabou o traballo de Meigas e Trasgos, “que leva máis de 50 anos impulsando a vida cultural de Sarria e converteu esta cita nun referente na provincia”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario