El RC Deportivo contó esta mañana en el entrenamiento con el concurso de once canteranos

por Jorge García

O Deportivo regresou esta mañá aos adestramentos despois do partido de onte pola tarde en Coruxo. 

Aos canteiráns que participaron onte no amigable (Álvaro Santamaría, Tim, Jairo, Brais Val, Fernando Somolinos e Martín Ochoa) uníronselle na sesión matinal de hoxe en Abegondo Mella, Rubén López, Diego Gómez, Marc e Kevin.

En rolda de prensa, Fernando Soriano, Director Deportivo do Club, subliñou que «a porta está medioabierta e queremos xente que a empuxe de verdade. As súas oportunidades van ter. Cada partido, cada adestramento que están connosco para eles ten que ser o máximo e teñen que facer ver que queren e que poden estar connosco».

Advirte que «entre o míster e nós imos vendo diferentes situacións para ir seguíndoos máis de preto. Aos xogadores non os coñeces ben ata que non están ao teu lado. A intención é ir coñecendo a todos nesta pretemporada para que logo Imanol teña a maior información posible e poder elixir á hora de tomar decisións quen está co primeiro equipo, quen é titular, quen é reserva… Pero hai que coñecer ben a todos».

Esta mañá, após unha activación supervisada polos preparadores físicos Javi González e Sergio Roca, os futbolistas que máis tempo xogaron onte en Vigo ante o Coruxo FC continuaron a xornada con recuperación no ximnasio e na sala dos fisioterapeutas Dani Varela e Rubén Barreiro. Os demais completaron a xornada cun xogo de posición e cun exercicio de evolucións ofensivas.

Mañá xoves, o Dépor adéstrase ás 10:30 horas como vén sendo habitual. Pola tarde (19:30) Os Nosos disputarán ante a SD Compostela o Trofeo do 50 Aniversario do Puebla FC no campo da Alta, na Pobra do Caramiñal, nun novo amigable da #DéporXiraAugadeParada.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario