O PP de Lugo pide reductores de velocidade nun vial en Pena da Mula

por Redacción Lugo

Para mellorar a seguridade vial e a petición da veciñanza dun barrio da parroquia de Piugos+

O vicevocerio do Grupo Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, solicitou que se coloquen reductores de velocidad nun vial de Pena da Mula.

A instalación deste elemento mellorará a seguridade vial da zona dando resposta a unha demanda vecinal.
O vicevocerio popular responsable de tráfico, acompañado polo edil Gustavo Díaz, visitaron a zona e coñeceron de primeira man a situación deste vial.

A veciñanza explicoulles os vehículos ao ser unha zona con pendente circulan a altas velocidades indicando que como non hai beirarrúas hai un risco importante para os residentes con situacións de risco que se minimizarían colocando os reductores de velocidade.

As persoas que residen nas vivendas unifamiliares desta zona consideran que “as súas peticións deben ter unha resposta similar ás que fan outros cidadáns no casco urbano”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario