Os socialistas de Arteixo instan ao goberno local a solucionar as emisión de po e ruído das actividades a carón do campo de fútbol de Pastoriza

por Redacción Galicia

Os socialistas de Arteixo levarán ao pleno as queixas da veciñanza de Pastoriza polos efectos da actividade con escombros que se está a levar a cabo na parcela ao carón do campo de fútbol que provoca a aparición dunha enorme cantidade de po e un forte ruído.

O grupo municipal socialista argumenta que a parcela non ten ningunha identificación da actividade que se está a realizar, non está valada e que provoca que a veciñanza teña problemas para respirar nunha zona moi transitada por nenos e maiores.
“Non somos coñecedores de se están a realizar esta actividade cos permisos oportunos e se fose así se os realizan dun xeito que sexa compatible coa salubridade da veciñanza que alí se atopa” sinala Patricia Boedo, a portavoz dos socialistas de Arteixo.
Ante esta situación os socialistas arteixáns pedirán ao grupo de goberno do PP “que tome todas as medidas necesarias” para rematar coa emisión de polvo e ruído que provoca esa actividade que se realiza ao carón do campo de fútbol de Pastoriza.

 

Etiquetas , ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario