O pleno do Concello de Lugo aproba por unanimidade a conta xeral de 2025 e adaptación do cadro de persoal á relación de postos de traballo

O Pleno extraordinario do Concello de Lugo celebrouse hoxe cunha orde do día centrada en cuestións de xestión económica e organización interna, coa aprobación por unanimidade dos dous asuntos sometidos a votación: a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2025 e a proposta de modificación do cadro de persoal municipal.

A aprobación da Conta Xeral permite completar o proceso de rendición de contas do exercicio económico anterior, recollendo a información sobre a xestión económica, financeira e orzamentaria do Concello durante 2025.

No relativo á modificación do cadro de persoal, esta permite adaptar a estrutura municipal ao acordo de aprobación de modificación da Relación de postos de traballo

A alcaldesa agradeceu o apoio de todos os grupos da Corporación e tamén a confianza e colaboración dos traballadores municipais ao longo deste proceso, que contou coa presentación de dúas alegacións, unha delas estimada parcialmente.

Os acordos aprobados permiten avanzar en dous ámbitos fundamentais para o funcionamento municipal.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios