CCOO reitéralle á Xunta a súa oposición á apertura dos comercios durante domingos ou festivos

por Redacción Galicia

 A Federación de Servizos de CCOO reitéralle á Xunta de Galicia o seu rexeitamento á apertura dos comercios en domingo ou durante festivos. Así llo fixo saber á Dirección Xeral de Comercio e Consumo ante a consulta trasladada que o departamento autonómico lle trasladou ao sindicato para coñecer a súa posición ante esta medida. Cómpre lembrar que o artigo 5.1 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, permite a apertura dos comercios un máximo de dez domingos e festivos ao ano. Asemade, o artigo 6.1 da citada norma sinala que a Xunta consultará —antes do 15 de outubro do ano anterior— esta posibilidade con diversas entidades, entre elas os sindicatos do sector.

Ano tras ano, CCOO rexeita esta medida por considerala «prexudicial» para as condicións de traballo das das persoas que traballan no sector, amais de ser un elemento que contribúe á precariedade a través de prolongacións de xornadas, amais de impedir a conciliación da vida laboral e familiar.

En opinión de CCOO, sen estas aperturas extraordinarias, o horario comercial «xa abastece suficientemente» as necesidades da poboación, polo que a media unicamente xeraría un «prexuízo notorio» para os traballadores e traballadoras do comercio.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario