Galicia Magic Fest traerá á Coruña os mellores ilusionistas do mundo

por Redacción A Coruña

O espectáculo ofrecerá catro funcións no Teatro Colón os días 2 e 3 de xaneiro do 2024

Galicia Magic Fest chega á súa sétima edición cun elenco cheo de estrelas da maxia a nivel mundial e caras coñecidas de programas como Got Talent a nivel internacional. As entradas xa están á venda a través de Ataquilla e as billeteiras do Teatro Colón e da praza de Ourense.

O Teatro Colón da Coruña acollerá a Galicia Magic Fest os días 2 e 3 de xaneiro de 2024 con catro funcións. Será unha gala internacional trepidante na que se poderán ver especialidades moi diferentes da man dalgúns dos ilusionistas máis prestixiosos do mundo. Poderase ver en directo a estrela de Got Talent e gañador do programa británico e asiático Eric Chien (China), tamén gañador do primeiro premio mundial de maxia FISM de ‘close up’.  Tamén participará o campión do mundo de manipulación Jun Woo Park (Corea do Sur).

O Galicia Magic Fest ofrecerá unha proposta de maxia divertida do premiado mago francés Michael Szaniel ou o actual Mandrake dór, considerados os Oscar da maxia, Mag Marín, que ofrecerá grandes ilusións, moi especiais e divertidas. Todo iso, conducido polo director artístico de Galicia Magic Fest, Pedro Volta, semifinalista de Got Talent 5.

O Goberno de Inés Rey aposta por unha ampla variedade de espectáculos na súa oferta cultural para o outono e o inverno. Os espazos municipais contarán con actuacións para todo tipo de públicos, como este Galicia Magic Fest.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario