Néstor Rego: «O BNG non vai colaborar nunha escenificación partidista do PP»

por Redacción Nacional

 O portavoz do BNG no Congreso, Néstor  Rego, anunciou en rolda de prensa que o BNG non manterá unha reunión co Partido Popular para a investidura de Alberto Núñez Feixóo porque «non se dan as circunstancias. É a crónica dunha investidura fracasada» e  «unha escenificación partidista por parte do PP. Non imos colaborar nunha manobra interesada».  

«Manobras do PP partidistas». «Unha escenificación que non vai a ningures».

Néstor Rego explicou a posición da Executiva en relación ao convite do PP de cara a investidura de Feixóo. «O BNG decidiu non aceptar o convite do PP para manter unha xunta porque «non se dan as circunstancias para eso. Sempre estamos dispostos ao diálogo con quen for de xeito construtivo, mais entendemos que aquí estamos diante dunha escenificación que ten un interese exclusivamente partidista por parte do PP. Mesmo cunha compoñente interna importante, que ten relación coa correlación de forzas dentro do PP», recalcou.

O BNG non está disposto a colaborar nesa escenificación do PP que «non vai a ningures e non ten un obxectivo real de construir, só é partidario. Non imos colaborar co PP nesa manobra», manifesta o parlamentar do BNG.

«Unha investidura fracasada. O PP non ten apoios suficientes».

Ademáis, criticou «unha escenificación que parece perseguer o obxectivo de insistir no argumento de que o PP gañou as eleicións, mais é evidente que non conta con apoios suficientes para sacar adianta a investidura. É a crónica dunha investidura fracasada».

«Dise galego mais traballa contra os nosos intereses». O legado de Feixóo en 13 anos:

Néstor Rego respostou ao argumento do PP baseado en ter un «Presidente galego», e fixo un retrato das políticas anti galegas de Feixoó: «O legado d goberno de Feixóo en 13 años foi profundamente negativo para Galiza. Multiplicou a débeda da Galiza, que pasou de 4.000 millóns a 12.000 millóns, perdéronse 46.000 postos na industria, 300.000 mozos e mozas abandoaron o pais, 0 Residencias da terceira idade, precarización e privatización da sanidade e da educación, e 0 competencias asumidas. Lexislou contra o galego». E lembrou que xa «tivemos un Presidente de orixe galega, Mariano Rajoy, que tivo como mérito ter baixado o investimento a Galiza que pasou de 2.000 millós a escasos 1.000 millóns en 2018, ademáis de importantes retallametos ás maiorías sociais. Ese foi o seu mérito».

Reprocha a Feixóo a súa posición contraria ao avanzo da nosa lingua nas Cortes do estado. «Dise galego pero traballa contra os nosos intereses».  

A perguntas dos xornalistas, Rego afirmou que «agardamos que unha vez pase a investidura fallida de Feixóo poidamos a empezar a traballar de xeito positivo para que o próximo Goberno asuma compromisos serios con Galiza: avanzar en investimentos, en infraestruturas, en políticas sociais, na recuperación de dereitos laborais, e en autogoberno». Asegurou que esa será aliña de traballo do BNG. «A garantía de que un futuro Goberno asuma os compromisos con Galiza é que o BNG estea». 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario