Grande Amore presenta ‘II’ na Sala Malatesta

por Redacción Galicia

A Sala Malatesta (Santiago de Compostela) será testemuña este venres 22 do concerto de presentación de ‘II’, unha auténtica festa na que Nuno Pico, Clara Redondo e mariagrep farán que todo salte polo aire. Unha cita imperdible na que Meu Cariño e Andrea Piñeiro -@itasteyourflower- sumaranse á festa

Non sucede moi a miúdo, pero ás veces é posible ser consciente de que algo moi grande está a piques de suceder. É a sensación que estes días percorre o corpo de quen se fixo cunha entrada para acudir, este venres, á Sala Malatesta. A antesala dunha experiencia vital, dunha catarse compartida.

Pongámonos en situación; Nuno Pico acaba de lanzar ‘II’, o seu segundo disco, producido por Ernie Records. Durante os últimos meses, xa defendeu sobre o escenario algúns dos temas, xunto a Clara Redondo e mariagrep.

Ou pasado 14 de setembro, Grande Amore publicou ‘II’ en plataformas. Ao completo. Aí prendeuse a mecha e agora todo está a piques de explotar. Porque é ou seu disco máis cru, máis directo, máis duro. Rock industrial, punk, black metal… Unha proposta capaz de abarcalo todo que, ademais, crece notablemente no directo polo feito de gozala con xente, en comunidade.

Os adiantos xa xeraran balbordo, enganche, paixóns e devocións; pero agora que se coñece o todo, é imposible quedar cun tema en concreto. O propio Nuno Pico aproveitou esta semana as redes sociais para preguntar ás súas seguidorxs que lles parecera o disco, e éstxs téñeno claro. As respostas máis repetidas son que o disco escóitase en bucle e que é unha animalada.

Tamén son moitxs os que apuntan ás letras, identifícanse con elas. ‘II’, de Grande Amore, é un disco que reivindica o esgotamento que provoca o hastío vital. Lonxe de ser un discurso que poida encaixarse na xeración do artista, isto tócanos a todxs; estamos cansos, hartxs, ata as orellas. E reivindicalo nun concerto, gritando forte que xa está ben, non cambia máxicamente as cousas, pero axuda a soportalas.

Por isto é clave a cita deste venres na Malatesta. Ás 21:30 horas abriranse as portas da sala, e ás 22:00 horas está previsto o inicio dun show no que Nuno Pico, Clara Redondo e mariagrep non estarán sós; Meu Cariño e Andrea Piñeiro -@itasteyourflower- non se perden a festa. Vaise armar porque pretenden rebentalo todo, farán das súas ata a éxtase final. Non haberá maneira de contar o que vai pasar alí; só cabe experimentalo, vivilo, gozalo.

Pode ser que aquilo non se termine nunca, que resulte imposible saír do universo de ‘II’. Pode ser que sexa unha desas experiencias das que non se pode volver. É precisamente por iso polo que non se pode deixar de ir.

PRÓXIMAS DATAS

·         22/09 ·  SANTIAGO DE COMPOSTELA  (Sala Malatesta) · ENTRADAS

·         21/10 ·  OURENSE  (OUR FEST 2023) · ENTRADAS

·         27/10 · CHANTADA (O Castañazo) · ENTRADAS

·         22/12 · LEÓN (Sala Espacio Vías) · ENTRADAS

·        23/12 · OVIEDO (Sala La Salvaje) · ENTRADAS

·         22/01 · MADRID (Inverfest – Sala El Sol) · ENTRADAS

+ datas por confirmar

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario