O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, foi o encargado de pronunciar o pregón que deu comezo ás festas do barrio de Paradai

por Redacción Lugo

Javier Arias foi o encargado de pronunciar o pregón que deu comezo ás festas do barrio de Paradai, do que se declarou “un veciño máis, non por nacemento senón por elección”. Arias agradeceu a invitación á comisión, formada por membros da asociación Barrio de Paradai co seu presidente, Christian Fernández, á cabeza.

O cartel presenta catro días de festa, con actividades para todas as idades e verbenas nas que actuarán o Grupo Beatriz, o Combo Dominicano, Pili Pampín, os DJ Marcos Magán e Casanova, o dúo Eclipse e o grupo Punto Clave. Os detalles do programa poden consultarse nas redes sociais da asociación.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario