Na comisión de hoxe se abordaron varios temas relacionados coa falta de planificación e axilidade por parte do concello á hora de cubrir vacantes e pagos a asociacións
· Coas respostas que nos deron na Comisión se confirma que o bipartito despilfarrou 50.000 € nas dúas pantallas dixitais que hai no Edificio de novas tecnoloxías, así como nos dous tótems que estan no CEI Nodus que se adquriron hai dous anos para impulsar o comercio e hostalaría local.
· Nas pantallas nin se actualiza o material, nin están funcionando correctamente e con respecto aos tótems que estaba previsto que se colocasen no casco histórico se indicou a respostas do PP que non os van a trasladar ata que rematen as obras.
· Tamén resulta moi preocupante que por unha falta de planificación non se cubrira unha praza dunha persoa que se xubilou e que estaba atendendo nos pisos de acollida a mulleres vícitmas de violencia xérnero. O máis grave é que o bipartito non ten ningunha previsión para reforzar este servizo.
· Tamén solicitamos ao bipartido máis axilidade á hora de pagar as axudas nominativas ás entidades sociais. Ainda que sabemos que o concello ten de prazo ata o 31 de decembro para aboalas cremos que non ten sentido que proxectos que están xustificados dende hai meses segan agardando. Pedimos ao bipartito axilidade no pago ás 8 entidades sociais que neste momento están sen cobrar.