UGT denuncia o abandono e a situación límite do refuxio de animais de Bando (Santiago)

por Redacción A Coruña

UGT-SP quere facer pública a situación que as e os traballadores deste centro están a padecer diariamente: falla total de limpeza nas súas instalación de vestiarios, espazo de descanso, cociña, zonas utilizadas polos usuarios do centro, etc.. dende fai mais de 5 anos; teñen que compartir a cociña onde se realiza o descanso e se come, co espazo onde se lava o material sucio (mantas, toallas,…) dos animais; todo o material veterinario está obsoleto; a instalación eléctrica é caótica, con perigo de electrocución pola cantidade de humidade que se filtra polas paredes; as portas metálicas dos canís que se abren diariamente varias veces están faltas de mantemento con bisagras rotas o que poñen mais en risco ao persoal. En resumo, existe unha total falta de seguridade e de hixiene no entorno de traballo, a pesar de ter avisada en numerosas ocasións á Dirección e membros do Padroado.

A todo o enumerado ata o de agora, é destacable que o persoal estivo e está realizando as súas tarefas diarias con suma entrega e profesionalidade. Nestes intres o aumento constante de recepción de animais (cans e gatos) fan que estean desbordados de traballo e sen visos de que se lles reforce con mais efectivos.

Por todo isto, UGT-SP ven a denunciar publicamente a situación do persoal que es límite das súas forzas e aguante.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario