Elena Candia. «Os orzamentos da Xunta para o concello de Lugo apuntalan as prioridades que defende o PP»

por Redacción Lugo

A política social é a protagonista dos orzamentos da Xunta de Galicia en lugo con  35.5m€ que se distribúen  en proxectos que ofrecen servizos aos lucenses en diferentes franxas de idade:

– Renovación da residencia de maiores de As Gándaras e A Milagrosa

– Programas de protección da infancia e gratuidade de garderías

– Axudas á dependencia

 Elena Candia agradeceu o  apoio ao emprendedor e a creación de emprego valorando “moi positivamente”  o investimento de 8.1m€ para a mellora do polígono das Gándaras.  

 Para a popular estes orzamentos tamén supoñen unha continuidade do grande esforzo inversor nos servizos sociosanitarios do barrio da Residencia. En materia de sanidade para o vindeiro exercicio figura unha partida para reformar o centro de saúde da Milagrosa e tamén hai fondos para a licitación do proxecto do centro de saúde do Sagrado Corazón, condicionado a que o concello poña a disposición as instalacións do antigo colexio do barrio.

 A popular tamén amosou a súa satisfacción pola gran sensibilidade, por parte da administración autonómica, á hora de financiar o programa de saúde mental e atención ás adiccións.

As achegas económicas para que Lugo sexa unha cidade máis cómoda e as comunicacións sexan máis fluídas reflíctense en varias infraestruturas que supoñen un total de 14 m€ destacando:

– 5.7m€ para a estación Intemodal

– 5m € para a Rolda Leste

– 740.000 € para o aparcamento disuasorio da Avenida de Breogán

 Os investimentos en educación e cultura completan as dotacións orzamentarias para lugo con  partidas para  rehabitacións en centros educativos e intervencións en dous bens Patrimonio da Humanidade: Muralla e Catedral.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario