O voceiro do Grupo Socialista anuncia que promoverán unha declaración institucional polo día de homenaxe ás vítimas do golpe militar, a guerra civil e a ditadura franquista
O voceiro do Grupo Socialista, Luis Álvarez, anunciou este martes que no vindeiro pleno esixirá a Rueda que informe do grado de execución dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e entende que o presidente “pregunta parlamentaria tan concreta, tan pechada e de tan fácil resposta, pero ao mesmo tempo tan comprometida” pola ineficiencia da Xunta na administración dos mesmos.
O portavoz socialista compareceu logo da Xunta de voceiros da Cámara galega para dar conta dos asuntos que se tratarán na vindeira sesión plenaria do 7 e 8 de novembro. Anunciou no mesmo que os socialistas promoverán que se faga unha declaración institucional do Parlamento de Galicia, que deberá ser apoiada polos tres grupos da cámara, con motivo do Día de Homenaxe e Recordo ás vítimas do golpe militar, a guerra civil e a ditadura franquista que foi este mesmo martes 31 de outubro.
Outro asunto que defenderán os socialistas no vindeiro pleno será unha moción para que a o goberno galego explique o porqué do aumento da débeda de forma continua dende o 2009 e para que serviu ese incremento. Así mesmo, reclamarán explicación ante a falla de execución dos Fondos de Compensación Interterritorial.
No relativo ao I+D+i, ante o precario investimento que resulta nunha carencia competitiva co norte de Portugal, e tendo en conta que Galicia cun 1,1% do PIB de orzamento, está por debaixo da media estatal dun 1,4% e moi lonxe da media europea dun 2,2%, Álvarez anunciou que pedirán un aumento do investimento nun 0,4% do PIB para achegarse á media española e camiñar cara ao obxectivo do 3% do PIB.
Outro dos aspectos a tratar polos socialistas é o problema do chabolismo e da infravivenda que sofren bastantes familias en Galicia, xa que son 11 os asentamentos chabolistas na comunidade autónoma a día de hoxe, algo que achaca á unha ineficaz política de vivenda por parte do goberno galego. Por elo, a iniciativa socialista reclama á Xunta que elabore unha estratexia específica para erradicalos.
Saúde mental e transporte
No pleno os socialistas farán dúas interpelacións ao goberno galego, a primeira será no relativo á “traxectoria errática” do executivo en canto no que á saúde mental se refire en concreto ante a complexa situación da saúde mental infanto-xuvenil, así como saber cales son as respostas que teñen para paliar esta situación.
A segunda será relativa á situación do transporte escolar en Galicia e as sentenzas do TSXG nas adxudicacións de rutas específicas. Luis Álvarez entende que “non estamos ante casos illados” pola constante denuncia de deficiencias que se producen ao longo e ancho da comunidade autónoma.
Anunciou tamén que, a solicitude do goberno, comparecerá a conselleira de Economía, Industria e Innovación para falar das liñas estratéxicas de actuación da súa área. Álvarez sinalou que “celebramos esta comparecencia, pero moitísimo máis celebraríamos” engadiu que na mesma se anunciasen novas liñas de actuación “que sacasen a esta comunidade autónoma da lamentable traxectoria que vimos arrastrando no ámbito da economía, da industria e da innovación”.
Así mesmo, adiantou que comparecerá a Valedora do Pobo para explicar o seu informe relativo ao ano 2022, que xa foi publicado hai dúas semanas, seguindo así os trámites correspondentes. Tamén, puxo en valor que os tres grupos parlamentarios acordaron a creación dunha comisión específica para valorar a modificación do himno galego, como así propuxo o Grupo Socialista no debate da iniciativa popular que se presentou con este propósito e saíu rexeitada.
Luis Alvarez exige pero no le hacen caso asi que es mejor que pida las cosas razonables sin exigir y a lo
mejor le funciona.
Siguen con la historia de la dictadura franquista y la guerra civil que las nuevas generaciones cree que no
conocen ni quieren conocer y a los pocos que quedamos que de algun modo nos tocó ver o padecer algo
de aquello nos parece absurdo que sea recurrente entre los políticos esto.
Es evidente que a ninguno de Vdes. le afecta ni les duele nada (no homenajean a sus familiares próximos en los cementerios y pretenden que creamos que se acuerdan de sus bisabuelos).
Los homenajes no sirven de nada si la lección no se aprende y con que se ponga en los libros de historia
del Bachillerato es suficiente para las nuevas generaciones tomen nota para que no se repita.
Si cree que con esto hace justicia a algo ,sigue como Zapatero inventando.Recuerde que Zapatero iba
anunciando a su abuelo de víctima y acabó viendo que aquello no colaba y le tocó callar.
Iba a Rodiezmo a arengar a los mineros pero al final temió llevar tomatazos y se olvidó de volver por alli a
largar su discurso vacío , sin valor alguno que cabreó a los mineros.
Eso de los Fondos Europeos ,recuperación etc… es otra historia parecida .Si los programasen inicialmente con un equipo de expertos ajenos a los Partidos no tendrían ahora que lamentarse de nada pero saben que ni se van
a utilizar todos ni los adjudicarán de modo eficaz pero insisten como si en el PSG-PSOE no fuesen culpables de
nada y la incompetencia afectase únicamente al PP..
Tal vez para Vdes. sea así el trabajo parlamentario en Galicia pero resulta muy dificil de creer por el ciudadano de a pié que de este modo se genera riqueza o bienestar y no crean que tumbarán al Gobierno para colarse Vdes. los del PSG en su lugar porque las encuestas las conocen y son negativas.
El «sorpasso» del BLOQUE ya lo conocen y va en aumento y es la prueba evidente de que su discurso repetitivo
y con su «matraca» , no engañan al ciudadano normal.