As Xuventudes Socialistas poñen máis de 80 millóns de euros a favor da mocidade fronte o «garrafón» orzamentario de Rueda

por Redacción Galicia

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) reivindicaron que a emenda transversal do PSdeG aos orzamentos da Xunta levan selo de calidade XSG, recollendo numerosas reivindicacións da organización que están presentes no día a día da mocidade galega.

Dende a organización moza agradecen ao Grupo Parlamentario todo o seu traballo para materializar as inquedanzas da sociedade galega que fican ausentes no programa económico da Xunta. “Non sabemos se Galicia non para, pero o que temos seguro é que os 42 deputados do PP levan parados demasiado tempo”.

“Taxas universitarias e libros de texto gratuítos, melloras e incorporación de comedores escolares, loita contra a ludopatía, reforzo e accesibilidade dos equipos investigadores, 6 veces máis en axudas directas ao colectivo LGTBI…e un longo etc” son parte das iniciativas que durante o último o ano a organización lle trasladou ao PSdeG e que agora se queren plasmar con partidas reais.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, destacou que “a saúde mental, a emancipación xuvenil e a gratuidade do transporte, constatan os piares da nosa Axenda Galega e a chegada de vento de cambio” en relación á proposta dun Plan Galego de Saúde Mental, a mellora do transporte público galego, e axudas ao emprego e aluguer para a xente nova.

O líder mozo sentenciou que “en conxunto, poñemos máis de 80 millóns de euros a favor da mocidade fronte o ‘garrafón’ orzamentario de Rueda, que unha vez máis traizoa ao Presente de Galicia”.

PAROS COMEDORES USC

Dende a organización chaman a sumarse aos paros convocados por Erguer a raíz suba dos prezos nas cafeterías da USC en Santiago . “A Xunta debe promover a creación de comedores saudables, con prezos asequibles, en todos os niveis educativos, porque a mocidade ten dereito a non comer bocadillo nunha cantina todos os días”

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario