O BNG acusa a PP e Udival de falta de transparencia: Usan o Concello sen dar explicacións á cidadanía

A actitude de hoxe no pleno de José Manuel Lamela é de auténtica vergoña e unha total falta de respecto a todo o concello

No pleno celebrado este martes ás 14:30 pola corporacion de O Valadouro evidenciouse unha vez máis que o Partido Popular, co inestimable apoio de Udival, goberna o concello cunha total falta de respecto pola veciñanza e polos seus representantes nos grupos de oposicón municipais, e o que é máis grave, descoñecendo incluso  o propio alcalde José Manuel Lamela  o contido das propostas que traía a aprobación.

Neste pleno  o grupo de goberno presentaba unha modificación do orzamento municipal de gastos por importe de 155.000€, que é xa a segunda neste ano desde que se aprobaron os orzamentos no mes de maio. Nesta proposta de modificación de crédito, detraense 115.000€ da partida de persoal e 40.000€ da partida que estaba destinada para obras na Praza de Santa María. O montante destas partidas minoradas (155.000€) é para destinalo todo a gasto corrente (SAF, actividades de Nadal, e gastos vários).

Lamela non quere dar explicacions, non é um digno representante do pobo

O portavoz nacionalista Eduardo Chao criticou esta segunda modificación de crédito desde o mes de maio, e demandou do alcalde que explicara os pormenores desta modificación e que era o que se ía facer con esas novas consignacions. “Lonxe de obteremos  unha resposta clara e convincente, o alcalde faltounos ao respecto, menospreciándonos e insultándome, e retirándome a palabra sen que eu lle dera motivos para facelo como pode comporbar quen queira na canle de you tube pola que se transmiten os plenos, https://cutt.ly/Pr6MJBKr” afirmou Chao, quen manifestou tamén que “este goberno de comencias de PP e Udival trae estas consecuencias: volta ao pasado, ao sectarismo, con actitudes non propias dun concello democrático, e agora con este sistema de baleirar partidas para metelas nun saco sen fondo do capítulo 2 de gasto corrente e sem dar explicacións a naide, veremos como acaba todo”

Foto arquivo. BNG O Valadouro

Comparte éste artículo
No hay comentarios