O PP de Lugo pregunta cando se van renovar os colectores de lixo na zona rural 

por Redacción Lugo

Na comisión de Medio Rural da vindeira semana os populares pedirán información sobre varias cuestións que afectan ás parroquias do municipio así como os problemas de presión de auga que afectan a sete rúas do barrio das Gándaras

  • Queremos saber cando ten previsto o goberno local  SUBSTITUÍR OS COLECTORES DE LIXO  da ZONA RURAL xa que practicamente a totalidade das parroquias seguen tendo os vellos recipientes de sempre.
  • No verán do ano 2022 anunciouse a renovación das unidades e a incorporación de novos dispositivos pero “unha vez máis a veciñanza das parroquias de  Lugo queda á cola desta mellora” e  seguimos comprobando como nos núcleos seguen repetíndose imaxes de colectores desbordados, ou moi deteriorados

FIBRA ÓPTICA

  • Os populares tamén se suman á petición da veciñanza de CIMA DE VILA e de SOÑAR que precisan para poder DESPLEGAR A FIBRA ÓPTICA en ámbolos núcleos a colocación de tendido de postes.
  • No ROGO que o PP  presenta a comisión solicita que se proceda a dotar a ámbalas parroquias do tendido necesario para garantir o servizo en todos e cada un dos domicilios das mesmas
  • A concelleira Flora Rubinos reflexiona sobre a necesidade de garantir servizos como este que “considera vitais” para que a xente queira vivir nas parroquias pedindo unha “discriminación positiva cara á zona rural”

PROBLEMAS PRESIÓN GÁNDARAS

  • Solicitamos que se de unha solución aos problemas de presión de auga que teñen os veciños de As GÁNDARAS (rúa San Xosé, Soidade, Romai, Virxe dos Ollos Grandes, Tres Marías, Do Cuco ou rúa da Aguia). Nesta zona, de xeito recorrente entre as 9 e as 20h apenas teñen auga para facer as tarefas cotiás. Reclamamos que na maior brevidade posible arranxen esta situación.

Santa Comba

Foto portada. Contenedores de lixo en Rego do Espiño

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario